
O proxecto consiste nunha solución integrada e innovadora para poder evolucionar dentro da empresa e poder responder ao elevado crecemento da mesma nos últimos anos, obtendo un funcionamento efectivo, áxil e competitivo. Para iso centrase en dúas liñas:
- Obter unha trazabilidade correcta e sen posibilidade de erros, garantindo a información que acompaña a etiqueta de cada produto.
- Sistema de venda innovador, a través de tablets e de plataforma online, algo que por agora non está moi instaurado en empresas deste sector, pero no que a empresa aposta firmemente, principalmente para vender ao exterior e ofertar os produtos da zona dunha maneira eficiente.
Para este proxecto, a empresa precisa dotarase de maquinaria diversa, equipos e programas informáticos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellorar a organización dos produtos pesqueiros adquiridos cada día, obtendo un stock real nun soporte informático, segundo se vai comprando nas distintas lonxas para poder ofertar os mesmos dunha maneira máis efectiva e rápida, gañando tempo no mercado, e sen duplicar as ventas xa que o stock vaise restando en tempo real.
- Correcta identificación dos produtos adquiridos cumprindo a normativa vixente e garantindo unha correcta trazabilidade (barco, nome científico, nome comercial, zona de captura, subzona, método de produción, arte de pesca, número de lote…) Agora mesmo ao facer todo á man, perdese moita información no camiño e dá lugar a erros.
- Sistema innovador de vendas a través de “tablets” con comerciais e venta online para executar pedidos con maior eficacia e manexando moita máis información.
- Incremento do valor anual total das primeiras vendas.
- Incremento do volume total anual das primeiras vendas.
- Adquisición da maquinaria e equipos informáticos.
- Instalación e posta en marcha dos mesmos.
- Formación do persoal.
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)