
O proxecto de diversificación “Hostal Torre do Lago” consiste en poñer en marcha un establecemento de aloxamento coa categoría de hostal na zona de A Torre en Valdoviño, próximo á Lagoa da Frouxeira.
O servizo se enfocará a dous tipos de turistas:
- Os que gozan do medio ambiente, mediante a práctica do surf, o sendeirismo, a bicicleta de montaña e o avistamento de aves.
- Os que queren coñecer a identidade cultural e patrimonial dos territorios, neste caso promoverase a creación de rutas e visitas relacionadas co turismo mariñeiro e, entre outras experiencias, promocionarase a visita á lonxa de Cedeira, e ao museo Mares de Cedeira.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
-
Prestar un servizo de aloxamento de calidade cunha oferta ampla de actividades complementarias de turismo experiencial.
-
Poñer en valor os recursos turísticos do territorio.
-
Creación de emprego.
-
Creación dun novo negocio promovido por unha muller.
-
Dotación ao territorio dun servizo de aloxamento de calidade no territorio.
-
Incremento da oferta de turismo activo na zona.
-
Fortalecemento das actividades doutras empresas da cadea de valor.
-
Creación de emprego (0,5 ETC).
-
Proxectos (técnico, eléctrico, viabilidade).
-
Obras de acondicionamento do edificio.
-
Adquisición de electrodomésticos.
-
Adquisición de mobiliario e equipo informático.
-
Creación de páxina web.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
2.3. Facer da Mariña - Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)