
No ano 2015, a empresa promotora do proxecto, que está situada no porto de Burela, levou a cabo medidas de promoción como a creación dunha páxina web e asistencia a feiras internacionais, co fin de introducir o peixe azul a nivel europeo. Como consecuencia disto, no ano 2016, a empresa acusou un incremento na demanda, polo que se ve na necesidade de realizar unha serie de inversións para ampliar o seu negocio de comercialización de produtos pesqueiros locais.
A empresa pretende adquirir maquinaria diversa como transpaletas, básculas, etiquetadoras automáticas, equipos e programas informáticos que faciliten o traballo diario e axilicen o pesado e etiquetado do elevado volume de produto comercializado, mellorando así a trazabilidade dos produtos comercializados.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Ampliar as liñas de negocio a través dos mercados europeos e internacionais.
- Conseguir datos en tempo real dos produtos pesqueiros a comercializar, a través do sistema de pesado e etiquetado reducindo os tempos de traballo
- Identificar de maneira automática e correcta as especies comercializadas garantindo a trazabilidade das mesma.
- Incremento do volume de negocio coa incorporación de novos nichos de mercado internacional e europeos.
- Mellora nos tempos e condicións de traballo debido á informatización do proceso de pesado e etiquetado.
- Mellora da información obtida na trazabilidade dos produtos pesqueiros e máis fiable, debido á automatización de datos.
- Adquisición da maquinaria e equipos informáticos.
- Instalación de programas informáticos.
- Formación do equipo de traballo.
- Posta en funcionamento e comercialización dos produtos pesqueiros locais.
1.Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego, a través do valor engadido que se da os produtos do sector pesqueiro, da integración vertical da innovación en todas as fases do produto e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficient3e dos recursos biolóxicos mariños.
1.1 Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro de A Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)