
Proxecto conxunto que pretenden crear un Museo do Surf, na Casa da Cultura do Concello de Valdoviño, obra do Arquitecto Manuel Gallego Jarreto (Premio Nacional de Arquitectura). Trátase de crear un espazo de divulgación da historia do surf como fío condutor da historia do surf en Galicia e de información sobre a orixe e desenvolvemento deste deporte en España e no Mundo. O proxecto terá sete bloques temáticos sobre os diversos sub-sistemas do surf. Resaltar que a base documental principal neste momento será a colección única e singular de contidos do Océano Surf Club (entidade fundadora do Pantín Classic) sobre o propio Pantín Classic e sobre o surf en Galicia.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Impulsar a creación dun sector económico sustentable vinculado ao surf.
- Fixar poboación no concello.
- Incrementar a oferta de actividades culturais e deportivas vinculadas ao surf.
- Mellor posicionamento do territorio como destino de surf ao ter o único Museo de Surf de España.
- Incremento dos días de estancia media dos turistas ao incrementar a oferta experiencial.
- Desestacionalización do turismo.
- Consolidación dos produtos profesionais privados vinculados ao surf: escolas de surf, surfcamps, surf house e outros.
- Xeración de novos proxectos profesionais vinculados en campos distintos ao da ensinanza ou aloxamento.
- Realización do proxecto museolóxico e museográfico.
- Inventario e catalogación do material.
- Dixitalización fotográfica e vídeo.
- Produción do vídeo.
- Deseño da web e das accións de promoción on-line.
- Adquisición de equipamento audiovisual.
- Deseño de imaxe, de soportes expositivos, sinalética, ilustracións, merchandising, folletos publicitarios e aplicación para a web.
- Elaboración e instalación de soportes expositivos no exterior do Museo.
- Elaboración e instalación de soportes expositivos no interior do Museo.
- Campaña promocional on-line e off-line con escolas de surf.
6 .Fomento da cooperación.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
6.1 Incrementar a cooperación entre entidades do territorio e de fóra do territorio do GALP para reforzar a sinerxía e o establecemento de redes, na mellora dos diferentes sectores e no desenvolvemento das zonas pesqueiras.
2.2 Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio A Mariña-Ortegal.
3.1 Dotarse de novos instrumentos que garantan un maior coidado do medio natural e mariño.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)