Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Programa de valorización da pesca sostible, e para impulso do emprendemento, prioritariamente na transformación, no sector pesqueiro nos concellos de Cariño, Cedeira e Valdoviño

Trátase dun proxecto conxunto promovido por 3 entidades do sector público, que perseguen a valorización pesca sostible e o coñecemento das especies, para impulsar a transformación e fomento do emprendemento no sector pesqueiro nos Concellos de Cariño, Cedeira e Valdoviño.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
-
Datos de interese: 
http://cedeira.gal/?lang=es https://www.concellodecarino.gal/ https://www.concellodevaldovino.com/
Perfil empresarial: 
Concellos
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo ( EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
17/06/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
12
Anualidades: 
2021
Data fin de execución: 
31/10/2022
Ámbito de aplicación: 

Cedeira, Cariño y Valdoviño (A Coruña)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
126.445,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
126.445,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
126.445,00€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
107.478,25€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
18.966,75€
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Poñer en valor a pesca sostible, tanto os oficios do mar como o coñecemento das especies, para o impulso do emprendemento, principalmente na transformación, no sector pesqueiro nos Concellos de Cariño, Cedeira e Valdoviño.

Promocionar o carácter sostible dos modos de extracción da pesca e do marisqueo no territorio.

Fomentar o coñecemento de especies con menor incidencia na comercialización e consumo nos establecementos e fogares.

Impulsar o emprendemento e especialmente a transformación nun territorio moi centrado na comercialización do produto fresco.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Mellorar a percepción da calidade dos produtos pesqueiros e marisqueiros tanto no público xeral -dado o discurso creado relativo á frescura e achega nutricional, valores ambientais de sustentabilidade na extracción- como no sector da hostalería, que constitúe unha canle de distribución de gran relevancia nos concellos participantes para poder chegar a gran número de persoas visitantes e residentes.

Diversificar a venda en lonxa, nas peixarías e cartas de restaurantes e no consumo xeral, ao dar a coñecer as características nutricionais, de sabor e textura e formas de preparación dos produtos mariños.

Coa  visibilización das potenciais do produto, ábrese a vía para novas liñas de negocio dentro do tecido empresarial, colaboracións  intersectoriales, coñecendo casos de éxito e novos conceptos de transformación ideados a partir da calidade diferencial dos produtos frescos do día que, ate agora, só tiñan un destino, o consumo directo sen apenas innovación.

Principais actividades do proxecto: 

Dirección do proxecto, gabinete de prensa e creación e xestión de redes sociais
Elaboración da imaxe e lema do proxecto.
Deseño e creación da páxina web.
Deseño e  maquetación dos soportes promocionais materiais.
Fotografía e vídeo.
Vídeo – infografías
Impresión dos soportes promocionais.
Campaña de valorización da pesca sostible: oficios e produtos
Impulso do emprendemento, prioritariamente na transformación: xornadas de difusión e sensibilización, visitas a empresas de boas prácticas e talleres de asesoramento para o emprendemento. O proxecto contempla a contratación dunha asistencia técnica de servizo especializado en apoio á coordinación

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases  da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)