O proxecto consiste na realización de actuacións encamiñadas á posta en valor da cultura mariñeira e marisqueira da zona de Cedeira como parte indispensable dos valores propios do territorio; na concienciación sobre a riqueza natural, en materia paisaxística e de biodiversidade litoral, e na importancia do coidado e uso sostible destes recursos naturais mariñeiros, así como, á promoción de actividades de natureza tendo en conta as características diferenciais da costa da Mariña-Ortegal en Cedeira: turismo mariñeiro, flora e fauna (biodiversidade), fotográfico e patrimonial, permitindo, recuperar o patrimonio mariñeiro e achegar á poboación local e visitantes unha proposta de actividades turísticas sostibles no litoral con identidade propia e vinculada cos recursos naturais e pesqueiros, que dinamiza e diversifica o sector. A iniciativa ten a intención de promocionar o patrimonio de Cedeira en todos os seus ámbitos, creando produtos turístico-ambientais que desestacionalicen e cren sinerxías positivas para o desenvolvemento do medio local. Realizaranse diferentes rutas turísticas polo litoral mesturando cultura, natureza, turismo mariñeiro e patrimonio, creando itinerarios de distintas temáticas: que poñan en valor a actividade de pesca e o marisqueo de Cedeira en lugares emblemáticos de actividade extractiva; que permitan coñecer o patrimonio do mar; que divulguen a importancia a nivel de biodiversidade do litoral e que a través da fotografía permitan concienciar sobre a problemática da contaminación do litoral.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Poñer en valor o patrimonio natural, arquitectónico e inmaterial vinculado ao mar, aos oficios e aos produtos pesqueiros e marisqueiros locais da Mariña - Ortegal.
- Fomentar a oferta de experiencias públicas e privadas (relacionadas co medio ambiente e o patrimonio mariño, así como cos oficios do mar e os produtos pesqueiros e marisqueiros), procurando a desestacionalización turística e o incremento dos días de estancia media.
- Trazar un turismo sostible a través de experiencias e actividades que poñan en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar.
- Creación de novas rutas de promoción do patrimonio ligado ao mar, aos seus oficios, á biodiversidade do litoral de Cedeira e á súa riqueza natural.
- Aumento da sensibilidade local, do turismo e da concienciación e respecto da contorna e os espazos litorais, grazas ás saídas que revalorizan a riqueza, paisaxística, ecolóxica e medioambiental de Cedeira.
- Incremento do coñecemento local das singularidades do territorio (medio natural, costeiro e pesqueiro) dun modo sostible e respectuoso coa contorna, coa posibilidade de alentar o asentamento da poboación e o emprendemento do sector do mar e en actividades complementarias no sector servizos.
- Fortalecemento da cadea de valor do sector turístico do territorio, procurando a desestacionalización e o incremento dos días de estancia media de visitantes, orientándose cara públicos máis profesionais, interesados en contidos específicos, grazas ao aumento da oferta turística a través do programa de rutas.
O poxecto levaráse a cabo mediante un programa de rutas tematizadas polo litoral ( Ruta para coñecer a biodiverisdade do litoral, Ruta da Actividade Mariñeira, Ruta de concienciación da contaminación a través da fotografía e Ruta polo patrimonio do mar ) con grupos, dirixidas a un público xeral cunha ratio estimada de 15-20 persoas por grupo e estarán a cargo dun/ha guía homologado/a para as actividades en medio natural e un/ha acompañante. No caso da ruta centrada en biodiversidade contarase cun/ha experto/a na materia.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
OBXETIVO ESPECÍFICO 2.1. Incrementar a relación do sector pesqueiro e do produto pesqueiro en actividades de divesificación da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

