Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Retornos do pasado.

O proxecto consiste no estudo e difusión da cultura marítima de Ribadeo a través dun estudo no porto de Ribadeo que permita documentar as relacións comerciais do porto de Ribadeo desde a  protohistoria galega. O obxectivo do estudo é a documentación, caracterización dos restos materiais que se conservan nun parte de fondo do porto de Ribadeo concretamente na zona fronte ao porto deportivo de  Porcillán ata o antigo  cargadoiro de mineral, onde se situaba a torre Vella medieval.

Co resultado das prospeccións realizaranse xornadas de portas abertas e cursos de arqueoloxía subacuática dirixidas a mergulladores locais, así como traballos técnicos de análises de materiais, caracterización e memoria dun estudo histórico de porto de Ribadeo.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Ribadeo
Datos de interese: 
http://ribadeo.gal/
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo ( EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
17/06/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
20
Anualidades: 
2021-2022
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Ribadeo (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
14.635,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
14.635,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
14.635,00€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
12.439,75€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
2.195,25€
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Promover novas alternativas socioeconómicas diferenciadas no territorio, poñendo en valor o patrimonio cultural marítimo, a través da riqueza arqueolóxica subacuática singular da zona.

Conservación, divulgación e preservación do patrimonio histórico marítimo, para sentar as bases dun turismo sostible baseado na riqueza arqueolóxica da Ría de Ribadeo.

Ofertar aos operadores e administracións un recurso cultural novo na Península como oferta turística diferenciadora.

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A iniciativa axudará a mellorar a dinamizar e diversificar o turismo local á vez que contribuirá á sensibilización e a concienciación sobre a importancia do patrimonio cultural subacuático e a súa historia

A súa análise permitirá localizar novos xacementos mediante a realización dunha carta arqueolóxica da zona.

Profundará no coñecemento dos xacementos existentes de Ribadeo mediante a realización de inmersións (40 puntos mínimo) no porto de Ribadeo que permitan a documentación deste recurso para poder ofertalo desde un punto de vista da súa explotación turística.

Delimitará as zonas arqueolóxicas subacuáticas para favorecer a súa visita por mergulladores, e a súa protección e conservación.

Elaborará materiais para a difusión a través de charlas,  RRSS, páxina web e unha exposición dos resultados obtidos.

Reforzará a formación de actores locais como os mergulladores para o coñecemento da arqueoloxía subacuática local a través de dous cursos de arqueoloxía subacuática destinados aos mergulladores

Principais actividades do proxecto: 

Inmersións en 80 puntos (2021 e 2022) Estímase se  prospecten 40 puntos como mínimo por campaña. Dentro deste estudo integraranse o desenvolvemento de xornadas de portas abertas e cursos de arqueoloxía subacuática dirixidos aos mergulladores locais. Será a través destas estas prospeccións será cando se xeren os materiais que dan sentido á oferta: documentación, imaxes, vídeos, modelados 3D, estudos de materiais, levantamentos  fotogramétricos e unha carta arqueolóxica que permita situar a oferta e fágaa accesible aos operadores.

Traballos técnicos asociados ás prospeccións de análises dos materiais, caracterización e redacción dunha memoria final que incluirá un estudo histórico do porto de Ribadeo en relación ao o seu patrimonio subacuático presente na ría.

Deseño de contidos, recursos e textos para a realización dunha exposición que se realizará unha vez finalice o proxecto coa colaboración do Concello de Ribadeo.

Estudo dos obxectos de interese cultural presentes no fondo da ría. Entre estes materiais destacan as pezas cerámicas que ofrecen a información principal acerca de roteiros marítimos e contactos comerciais. Estas serán obxecto da maior parte dos traballos de análises, documentación e conservación.

Difusión e divulgación do patrimonio arqueolóxico subacuático e a historia de Ribadeo, que se concretará en:

Creación Páxina WEB divulgativa, onde se integrará como mínimo: datos do proxecto, identificación dos xacementos mariños e as súas características, fotos, vídeos reconstrucións  fotogramétricas, modelados 3D, etc.

Exposición con material arqueolóxico subacuático e contidos suficiente para dar a coñecer e por en valo o patrimonio da cultura marítima.

Dúas charlas informativas do desenvolvemento dos traballos ao final de cada campaña de inmersións.

Xornadas de portas abertas que ofertarán visitas guiadas ao patrimonio subacuático da Ría de Ribadeo (incluído no valor económico da prospección).

Dous cursos de Arqueoloxía Subacuática dirixida a mergulladores da zona (incluído no valor económico da prospección arqueolóxica

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

4.Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1. Aumentar o patrimonio marítimo costeiro recuperado e posto en valor.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)