Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

XXVIII Xornadas Técnicas e XXII Encontro empresarial

As principais actividades son a organización e celebración das  XXVIII Xornadas Técnicas Expomar 2021 e o  XXII Encontro Empresarial de Organización Pesqueira Expomar 2021. Cada ano propóñense os temas de maior actualidade e controversia, e cóntase cos relatores de maior responsabilidade na toma de decisións, o que xeralmente posibilita a resolución de problemas do sector por mor das reunións mantidas con motivo destas xornadas. Foro de recoñecido prestixio ao que teñen asistido importantes políticos de todas as administracións, técnicos especialistas do sector e prensa especializado en todas as súas edicións. Este proxecto componse de dúas actividades é un proxecto de colaboración entre o Concello de Burela e a Fundación Expomar.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Fundación Expomar
Datos de interese: 
https://expomar.com/
Perfil empresarial: 
Fundación
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao amparo das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo ( EDLP), aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
17/06/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
3
Anualidades: 
2021
Data fin de execución: 
31/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Burela (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
12.760,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
10.600,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
10.600,00€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
9.010,00€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
1.590,00€
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
30% asistentes
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo fundamental destas actividades, coincide co obxectivo da propia Fundación Expomar, que é o estímulo, a potenciación e o desenvolvemento do sector pesqueiro.

Tanto as Xornadas Técnicas Expomar, como o Encontro empresarial de Organizacións Pesqueiras, contribúen neste ámbito para alcanzar maiores cotas de profesionalidade, mellorando as capacidades e competencias profesional do sector, así como o traslado e o estímulo dos valores e da importancia da actividade pesqueiras para as futuras xeracións, promovendo o relevo interxeracional.

Tamén tenta promover a internacionalización das empresas e coñecemento do produto pesqueiro e á comunidade pesqueira en xeral.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Crear unha ferramenta que contribúe ao desenvolvemento do sector pesqueiro e que incide dun xeito positivo no desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, nun claro referente para o Mundo do Mar.

Consolidar a competitividade nas zonas pesqueiras, así como reestruturar e reorientar as actividades económicas diversificando, á través da promoción da pluriactividade dos pescadores (turismo mariñeiro, medidas de melloras medioambientais etc.).

Ofrecer un valor engadido aos produtos da pesca e protexendo e promocionando o seu patrimonio natural e cultural a tódolos niveis, polo tanto, contribuíndo ao desenvolvemento sostible da zona de pesca.

Recoñecemento e profesionalización do sector pesqueiro.

Dinamización dos sector pesqueiro na procura dun modelo  organizativo e innovador de desenvolvemento do sector pesqueiro, que garanta unha pesca sostible e un aproveitamento sostible dos recursos mariños.

Principais actividades do proxecto: 

Confección e posta en marcha da sondaxe cos axentes implicados no sector pesqueiro e mariño en xeral.

Realización da sondaxe e comezo da planificación e programación das reunións do Comité Executivo.

Reunións do Comité executivo e o Órgano de Xestión, para a formulación das propostas da programación dos temas para tratar.

Programación de acordos e coordinación e contacto cos relatores.

Contacto coas Organizacións pesqueiras de Galicia,   Comixa cantábrica e cúpulas das Asociacións:   ONAPE,   FEOPE,   CEPESCA, Etc.

Realización dos protocolos para seguir no desenvolvemento das Xornadas Técnicas e do Encontro Empresarial. - Xestión da páxina web da Fundación, que como en anteriores edicións centralice toda a información cara unha mellor divulgación coa base das novas tecnoloxías.

Deseño dunha campaña publicitaria e xestión da mesma, ao longo de todo o tempo que leva a programación e a realización dos dous eventos.

Final da confección e deseño publicitaria e da programación dos eventos, e continuidade coa xestión dos mesmos.

Posta do programa das Xornadas e do Encontro Empresarial na páxina web da Fundación, para un maior coñecemento que permita unha maior divulgación e achegamento a todos os sectores implicados.

Coordinación cos participantes no Encontro e dos poñentes das Xornadas Técnicas (recibimento aloxamento e mantemento).

Organización xeral dos eventos, 1º acondicionamento dos espazos para utilizar: Salón de Actos da Confraría "San Juan Bautista" de Burela para as X. Técnicas e da Sala de Xuntas de  ABSA  para o Encontro E. De Organizacións Pesqueiras. 2º. coordinación e soporte para gravación e para a realización da reportaxe fotográfica a realizar durante a realización destas dúas actividades.

Realización das Xornadas Técnicas e do Encontro Empresarial de Organización Pesqueiras 2021 que contarán cun servizo de asistencia para a recepción dos participantes, entrega de material e desenvolvemento das actividades nas diferentes sedes de realización.

Final, confección das memorias, pagos etc.      

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases  da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)