
As principais actividades son a organización e celebración das XXVIII Xornadas Técnicas Expomar 2021 e o XXII Encontro Empresarial de Organización Pesqueira Expomar 2021. Cada ano propóñense os temas de maior actualidade e controversia, e cóntase cos relatores de maior responsabilidade na toma de decisións, o que xeralmente posibilita a resolución de problemas do sector por mor das reunións mantidas con motivo destas xornadas. Foro de recoñecido prestixio ao que teñen asistido importantes políticos de todas as administracións, técnicos especialistas do sector e prensa especializado en todas as súas edicións. Este proxecto componse de dúas actividades é un proxecto de colaboración entre o Concello de Burela e a Fundación Expomar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O obxectivo fundamental destas actividades, coincide co obxectivo da propia Fundación Expomar, que é o estímulo, a potenciación e o desenvolvemento do sector pesqueiro.
Tanto as Xornadas Técnicas Expomar, como o Encontro empresarial de Organizacións Pesqueiras, contribúen neste ámbito para alcanzar maiores cotas de profesionalidade, mellorando as capacidades e competencias profesional do sector, así como o traslado e o estímulo dos valores e da importancia da actividade pesqueiras para as futuras xeracións, promovendo o relevo interxeracional.
Tamén tenta promover a internacionalización das empresas e coñecemento do produto pesqueiro e á comunidade pesqueira en xeral.
Crear unha ferramenta que contribúe ao desenvolvemento do sector pesqueiro e que incide dun xeito positivo no desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, nun claro referente para o Mundo do Mar.
Consolidar a competitividade nas zonas pesqueiras, así como reestruturar e reorientar as actividades económicas diversificando, á través da promoción da pluriactividade dos pescadores (turismo mariñeiro, medidas de melloras medioambientais etc.).
Ofrecer un valor engadido aos produtos da pesca e protexendo e promocionando o seu patrimonio natural e cultural a tódolos niveis, polo tanto, contribuíndo ao desenvolvemento sostible da zona de pesca.
Recoñecemento e profesionalización do sector pesqueiro.
Dinamización dos sector pesqueiro na procura dun modelo organizativo e innovador de desenvolvemento do sector pesqueiro, que garanta unha pesca sostible e un aproveitamento sostible dos recursos mariños.
Confección e posta en marcha da sondaxe cos axentes implicados no sector pesqueiro e mariño en xeral.
Realización da sondaxe e comezo da planificación e programación das reunións do Comité Executivo.
Reunións do Comité executivo e o Órgano de Xestión, para a formulación das propostas da programación dos temas para tratar.
Programación de acordos e coordinación e contacto cos relatores.
Contacto coas Organizacións pesqueiras de Galicia, Comixa cantábrica e cúpulas das Asociacións: ONAPE, FEOPE, CEPESCA, Etc.
Realización dos protocolos para seguir no desenvolvemento das Xornadas Técnicas e do Encontro Empresarial. - Xestión da páxina web da Fundación, que como en anteriores edicións centralice toda a información cara unha mellor divulgación coa base das novas tecnoloxías.
Deseño dunha campaña publicitaria e xestión da mesma, ao longo de todo o tempo que leva a programación e a realización dos dous eventos.
Final da confección e deseño publicitaria e da programación dos eventos, e continuidade coa xestión dos mesmos.
Posta do programa das Xornadas e do Encontro Empresarial na páxina web da Fundación, para un maior coñecemento que permita unha maior divulgación e achegamento a todos os sectores implicados.
Coordinación cos participantes no Encontro e dos poñentes das Xornadas Técnicas (recibimento aloxamento e mantemento).
Organización xeral dos eventos, 1º acondicionamento dos espazos para utilizar: Salón de Actos da Confraría "San Juan Bautista" de Burela para as X. Técnicas e da Sala de Xuntas de ABSA para o Encontro E. De Organizacións Pesqueiras. 2º. coordinación e soporte para gravación e para a realización da reportaxe fotográfica a realizar durante a realización destas dúas actividades.
Realización das Xornadas Técnicas e do Encontro Empresarial de Organización Pesqueiras 2021 que contarán cun servizo de asistencia para a recepción dos participantes, entrega de material e desenvolvemento das actividades nas diferentes sedes de realización.
Final, confección das memorias, pagos etc.
1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)