
Carlos Cabarcos, autónomo do concello de Paderne que desde o 2020 desenvolve a actividade de autovenda de produtos conxelados, dá un novo paso coa posta en marcha dun novo servizo de distribución de peixe e marisco fresco.
Este proxecto nace como resposta directa á demanda da súa clientela e inclúe a adquisición dun vehículo isotermo DUAL FUEL GLP con etiqueta ECO, que permite realizar un transporte eficiente e con menor impacto ambiental. Ademais, contempla a contratación dunha persoa desempregada maior de 50 anos, favorecendo así a inclusión laboral e o emprego de proximidade.
A actividade terá como base a compra de peixe en lonxa, contribuíndo á dinamización da pesca artesanal e da frota de baixura, e inclúe un servizo de distribución de “última milla”, fundamental para achegar o peixe fresco ás persoas maiores ou con mobilidade reducida, ofrecendo un novo servizo de proximidade no territorio.
Este proxecto supón unha aposta clara pola sostibilidade ambiental, a inclusión social e a promoción do consumo de produto local fresco, modernizando ao mesmo tempo o sector da distribución alimentaria.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Iniciar a distribución de peixe e marisco fresco en resposta á demanda crecente da clientela habitual.
- Fomentar o consumo de peixe fresco no ámbito local, especialmente entre persoas maiores ou con mobilidade reducida.
- Modernizar e facer máis sostible a loxística de transporte, mediante a adquisición dun vehículo isotermo DUAL FUEL GLP (Etiqueta ECO).
- Apoiar a pesca de baixura, adquirindo o produto directamente nas lonxas locais.
- Contribuír á inclusión laboral, coa contratación dunha persoa desempregada maior de 50 anos.
- Mellorar o servizo de distribución “última milla”, achegando o produto directamente aos fogares.
- Reducir a pegada de carbono, apostando por medios de transporte máis eficientes e respectuosos co medio ambiente.
- Posta en marcha dun novo servizo de distribución de peixe fresco no municipio e zonas limítrofes.
- Incremento do consumo de produto fresco local, especialmente entre a poboación maior.
- Redución de emisións contaminantes grazas ao uso de tecnoloxía de transporte máis limpa (GLP).
- Consolidación da actividade empresarial de Carlos Cabarcos, ampliando liñas de negocio.
- Contratación dunha persoa desempregada maior de 50 anos, promovendo a empregabilidade inclusiva.
- Impulso ao sector pesqueiro local, mercando peixe directamente nas lonxas da zona.
- Servizo innovador e de proximidade, que contribúe ao benestar e calidade de vida da veciñanza.
- Manter o emprego existente e consolidar a actividade actual, garantindo a continuidade do negocio e a súa estabilidade a longo prazo.
Adquisición dun vehículo isotermo DUAL FUEL GLP (etiqueta ECO) para venta ambulante de produto fresco (peixe e marisco).
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

