Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Ampliación capacidad distribución productos frescos en autoventa

Carlos Cabarcos, autónomo do concello de Paderne que desde o 2020 desenvolve a actividade de autovenda de produtos conxelados, dá un novo paso coa posta en marcha dun novo servizo de distribución de peixe e marisco fresco.
Este proxecto nace como resposta directa á demanda da súa clientela e inclúe a adquisición dun vehículo isotermo DUAL FUEL GLP con etiqueta ECO, que permite realizar un transporte eficiente e con menor impacto ambiental. Ademais, contempla a contratación dunha persoa desempregada maior de 50 anos, favorecendo así a inclusión laboral e o emprego de proximidade.
A actividade terá como base a compra de peixe en lonxa, contribuíndo á dinamización da pesca artesanal e da frota de baixura, e inclúe un servizo de distribución de “última milla”, fundamental para achegar o peixe fresco ás persoas maiores ou con mobilidade reducida, ofrecendo un novo servizo de proximidade no territorio.
Este proxecto supón unha aposta clara pola sostibilidade ambiental, a inclusión social e a promoción do consumo de produto local fresco, modernizando ao mesmo tempo o sector da distribución alimentaria.

 

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Carlos Cabarcos Díaz
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Autónomo
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de febreiro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2025
Data de aprobación: 
09/07/2025
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
7
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Paderne

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
33.087,37€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
33.087,37€
Total axuda pública aprobada (€): 
16.543,69€
% Subvención: 
50
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
11.580,58€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
4.963,11€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
2
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Iniciar a distribución de peixe e marisco fresco en resposta á demanda crecente da clientela habitual.
  • Fomentar o consumo de peixe fresco no ámbito local, especialmente entre persoas maiores ou con mobilidade reducida.
  • Modernizar e facer máis sostible a loxística de transporte, mediante a adquisición dun vehículo isotermo DUAL FUEL GLP (Etiqueta ECO).
  • Apoiar a pesca de baixura, adquirindo o produto directamente nas lonxas locais.
  • Contribuír á inclusión laboral, coa contratación dunha persoa desempregada maior de 50 anos.
  • Mellorar o servizo de distribución “última milla”, achegando o produto directamente aos fogares.
  • Reducir a pegada de carbono, apostando por medios de transporte máis eficientes e respectuosos co medio ambiente.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Posta en marcha dun novo servizo de distribución de peixe fresco no municipio e zonas limítrofes.
  • Incremento do consumo de produto fresco local, especialmente entre a poboación maior.
  • Redución de emisións contaminantes grazas ao uso de tecnoloxía de transporte máis limpa (GLP).
  • Consolidación da actividade empresarial de Carlos Cabarcos, ampliando liñas de negocio.
  • Contratación dunha persoa desempregada maior de 50 anos, promovendo a empregabilidade inclusiva.
  • Impulso ao sector pesqueiro local, mercando peixe directamente nas lonxas da zona.
  • Servizo innovador e de proximidade, que contribúe ao benestar e calidade de vida da veciñanza. 
  • Manter o emprego existente e consolidar a actividade actual, garantindo a continuidade do negocio e a súa estabilidade a longo prazo.

 

Principais actividades do proxecto: 

Adquisición dun vehículo isotermo DUAL FUEL GLP (etiqueta ECO) para venta ambulante de produto fresco (peixe e marisco).

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)