Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Cociña mariñeira de Miño

Este proxecto ten como finalidade consolidar un modelo de formación avanzada e promoción da gastronomía mariñeira sostible no Concello de Miño, fortalecendo a cadea de valor dos produtos pesqueiros e marisqueiros locais. A iniciativa combina accións formativas, actividades de cooperación entre o sector pesqueiro e a hostalaría, e actuacións de promoción gastronómica orientadas a potenciar o consumo de produtos do mar de proximidade, fomentar a innovación culinaria e reforzar a identidade gastronómica do municipio a través do Bolo Mariñeiro de Miño.

O proxecto conta coa colaboración e o apoio da Cofradía de Pescadores de Miño e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, reforzando a cooperación entre o sector pesqueiro, a restauración e as entidades comprometidas coa valorización dos recursos mariños e o desenvolvemento sostible do territorio.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Miño
Datos de interese: 
https://www.concellodemino.gal/es/
Perfil empresarial: 
Administración local
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro 2025 FEMPA
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
09/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
18
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Miño

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
18.142,74€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
18.142,74€
Total axuda pública aprobada (€): 
14.514,19€
% Subvención: 
80
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
10.159,93€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
4.354,26€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Consolidar un modelo estable e innovador de formación avanzada e promoción da gastronomía mariñeira sostible no Concello de Miño.
  • Fortalecer a cadea de valor dos produtos pesqueiros e marisqueiros locais mediante a cooperación entre o sector extractivo, transformador e a hostalaría.
  • Mellorar a capacitación técnica dos profesionais da restauración e fomentar a incorporación continuada de produtos do mar de proximidade nas súas propostas gastronómicas.
  • Impulsar a innovación culinaria baseada en criterios de sustentabilidade e economía circular, promovendo un maior aproveitamento dos recursos pesqueiros.
  • Reforzar a identidade gastronómica do municipio a través da promoción e valorización do Bolo Mariñeiro de Miño como elemento representativo do territorio.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Mellora da calidade da oferta gastronómica dos establecementos de restauración mediante a aplicación dos coñecementos adquiridos nos obradoiros de cociña mariñeira.
  • Incremento da cooperación entre hostaleiros, confrarías, peixeiros, produtores locais e outras entidades do territorio, favorecendo a creación de sinerxías e o traballo en rede.
  • Maior valorización dos produtos do mar do territorio, promovendo a súa incorporación á oferta gastronómica local e reforzando o seu consumo de proximidade.
  • Sensibilización do sector da restauración sobre a importancia do consumo responsable, das cadeas curtas de subministración e da sustentabilidade ambiental.
  • Consolidación do Bolo Mariñeiro de Miño como prato identitario e elemento diferenciador da gastronomía do municipio.
  • Favorecemento da integración de novos profesionais da hostalaría, incluídos negocios impulsados por persoas migrantes, mediante accións formativas adaptadas ao coñecemento da cociña mariñeira e dos produtos pesqueiros locais.
Principais actividades do proxecto: 

O proxecto estrutúrase arredor de distintas actuacións orientadas á formación, á cooperación entre o sector pesqueiro e a hostalaría, á promoción dos produtos do mar e á difusión da gastronomía mariñeira local. Entre as principais actividades previstas destacan:

  • Planificación, coordinación e xestión das actuacións previstas, incluíndo a definición da estratexia e a coordinación cos establecementos hostaleiros, o profesorado e as entidades colaboradoras.
  • Desenvolvemento de actividades formativas, con obradoiros especializados en cociña mariñeira, persoal docente, material didáctico e os recursos necesarios para a súa realización.
  • Organización de encontros profesionais e actividades de valorización dos produtos pesqueiros, incluíndo o evento de promoción do Bolo Mariñeiro de Miño.
  • Execución das accións de comunicación e difusión do proxecto, mediante actualización da web, redes sociais, notas de prensa, cuñas de radio e elaboración de materiais divulgativos.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

Obxectivo específico da EDLP: 

2.1. Incrementar iniciativas de diversificación na zona costeira e consolidar a zona costeira como un destino turístico atractivo.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)