
Este proxecto ten como finalidade reforzar a identidade marítima de Ferrol mediante a posta en valor do sector pesqueiro, do produto local e da gastronomía mariñeira, en conexión coa estratexia municipal "Abrir Ferrol ao Mar". A iniciativa combina actuacións de promoción, formación e divulgación en espazos emblemáticos da cidade, como a Confraría de Pescadores de Ferrol e o Mercado da Magdalena, fomentando o coñecemento dos produtos pesqueiros de proximidade, a súa valorización gastronómica e a conexión entre o sector pesqueiro, a cidadanía e o comercio local.
O proxecto conta coa colaboración da Confraría de Pescadores de Ferrol, contribuíndo a impulsar a economía azul, fortalecer a cultura mariñeira e promover unha relación máis próxima entre a cidade e o mar.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Poñer en valor o sector pesqueiro local e os produtos pesqueiros de proximidade, destacando a súa importancia económica, social, cultural e gastronómica para a cidade de Ferrol.
- Reforzar a identidade marítima de Ferrol mediante actuacións de promoción, divulgación e dinamización en espazos vinculados á actividade pesqueira e comercial.
- Impulsar a economía azul e a gastronomía baseada nos produtos do mar, favorecendo a conexión entre o sector pesqueiro, o comercio local e a cidadanía.
- Promover o coñecemento dos produtos pesqueiros locais e das súas posibilidades gastronómicas mediante actuacións formativas e divulgativas dirixidas á cidadanía.
- Mellorar a proxección de Ferrol como cidade vinculada ao mar, á sustentabilidade e á valorización do seu patrimonio marítimo-pesqueiro.
Maior visibilidade e valorización do sector pesqueiro e dos produtos pesqueiros de proximidade mediante a celebración de actuacións gastronómicas, divulgativas e formativas en espazos estratéxicos da cidade.
- Incremento do coñecemento da cidadanía sobre o produto pesqueiro local, as técnicas de manipulación, conservación e elaboración culinaria, favorecendo o seu consumo responsable.
- Reforzo da colaboración entre o Concello de Ferrol, a Confraría de Pescadores, profesionais da gastronomía e outros axentes vinculados ao territorio para a promoción da cultura mariñeira.
- Dinamización da Confraría de Pescadores de Ferrol e do Mercado da Magdalena como espazos de referencia para a difusión do patrimonio marítimo-pesqueiro e da gastronomía local.
- Maior difusión do proxecto e do produto pesqueiro local a través dunha estratexia de comunicación, redes sociais e medios de comunicación, ampliando o alcance das actuacións desenvolvidas.
O proxecto articúlase arredor dun conxunto de actuacións orientadas á promoción do sector pesqueiro local, a divulgación da cultura mariñeira e a valorización dos produtos pesqueiros de proximidade mediante actividades abertas á cidadanía.
- Planificación, coordinación e organización do proxecto, incluíndo o deseño do programa de actividades, a coordinación dos distintos axentes participantes e o seguimento da execución.
- Desenvolvemento de actividades no Mercado da Magdalena, con demostracións gastronómicas, degustacións e accións de divulgación centradas na promoción e valorización dos produtos pesqueiros locais.
- Realización de actividades na Confraría de Pescadores de Ferrol, con showcookings, accións formativas, mesas de debate e outras iniciativas orientadas a achegar á cidadanía o sector pesqueiro, a gastronomía mariñeira e a cultura do mar.
- Execución da estratexia de comunicación e difusión, mediante a elaboración de materiais promocionais, a difusión en medios de comunicación e redes sociais e outras accións destinadas a incrementar a visibilidade do proxecto e dos produtos pesqueiros locais.
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

