Tipos de proxectos
Os proxectos que se presenten poderán ser de dous tipos: para investimentos produtivos e para investimentos non produtivos:
a) Defínense como investimentos produtivos os que supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñen unha creación e/ou mantemento de emprego.
b) Defínense como investimentos non produtivos os que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica e/ou non estean afectos a unha actividade económica. Así mesmo, terán este carácter os proxectos de interese público que, mesmo constituíndo unha actividade económica ou estando afectados a unha actividade económica, non incidan sobre o réxime de competencia no territorio de que se trate.
Proxectos conxuntos: cando as entidades que poden ser beneficiarias concorren conxuntamente como unha agrupación de entidades. Neste caso, deberá nomearse unha representante ou apoderada única da agrupación, que será unha das entidades solicitantes, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, corresponden á agrupación.
Modelos de memoria para a presentación de proxectos
Pode consultar dentro da sección de documentación o apartado de presentación de proxectos nesta mesma web.
Obxectivos
Os proxectos e as actuacións subvencionables deberán acadar algún dos obxectivos indicados a continuación:
a) Aumento do valor, creación de emprego, atracción de mocidade e promoción da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.
b) Apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, á aprendizaxe permanente e á creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
c) Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
d) Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
e) Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Requisitos xerais
Con carácter xeral, os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Contribuír aos obxectivos da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada para a zona pesqueira onde se vaian desenvolver.
b) Estar localizados no ámbito territorial elixible de cada GALP.
c) Ser viables técnica e economicamente.
d) Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
Orde de convocatoria de axudas
Convocatoria de axudas do ano 2017
Información do procedemento na sede electrónica
Pode realizar o procedemento na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Requisitos de valoración
Para coñecer os requisitos que esixen os proxectos, pode consultar as EDLP de cada GALP: