
A recentemente creada marca “Cofradía de Barallobre” nace co obxectivo de consolidarse como un símbolo representativo do sector da pesca e do marisqueo local, promovendo o seu recoñecemento social e fortalecendo a identidade da confraría.
Este proxecto ten un claro interese colectivo e está deseñado como unha iniciativa de beneficio para todo o sector pesqueiro local, promovendo a pesca artesanal sustentable e visibilizando o traballo das persoas que a integran.
A través de accións educativas e divulgativas, búscase achegar o oficio á sociedade en xeral e especialmente á mocidade, combinando tradición e innovación. Así mesmo, mediante a promoción dos produtos da ría de Ferrol, preténdese reforzar a imaxe da pesca artesanal como actividade económica esencial, moderna e respectuosa co medio ambiente.
O proxecto inclúe a elaboración de material audiovisual con testemuños reais, a instalación de tótems informativos, un vídeo promocional da confraría, e a creación de material gráfico e divulgativo para dar a coñecer as especies locais, as súas temporadas, técnicas de pesca, valor nutricional e consellos de consumo.
Tamén se traballa na posta en valor das artes de pesca tradicionais empregadas pola confraría, destacando o seu carácter sustentable, e na difusión do traballo das persoas mariscadoras e pescadoras que, día a día, manteñen viva esta actividade no Golfo Ártabro.
Así mesmo, recóllese e preserva o patrimonio mariñeiro, recompilando datos históricos e fomentando o orgullo identitario da comunidade, á vez que se impulsa o relevo xeracional e se promove o marisqueo como unha opción laboral digna e con futuro.
Esta iniciativa busca dinamizar a economía local, mellorar o recoñecemento social da actividade marisqueira e fomentar o consumo de produto local, reforzando así o vínculo entre mar, cultura, identidade e territorio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
• Maior recoñecemento social da actividade marisqueira e do valor do produto local da ría de Ferrol.
• Incremento na visibilidade da confraría, grazas á nova marca, materiais promocionais e presenza en eventos e medios.
• Impulso ao consumo de peixe e marisco locais, mediante accións informativas e de sensibilización.
• Recollida de testemuños e memoria oral, poñendo en valor o legado das persoas do mar.
• Aumento do interese da mocidade polo oficio, promovendo o relevo xeracional.
• Fortalecemento do sentimento de pertenza e identidade comunitaria en torno á cultura mariñeira.
• Activación de sinerxías con outros axentes locais, como escolas, institucións culturais e entidades do turismo sustentable.
• Beneficio colectivo para o sector pesqueiro artesanal, mediante accións que contribúan á súa valorización e continuidade.
Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)


