Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

#Ferrol Azul: activación marítima, sostible, gastronomica e cultural

Abrir Ferrol ao mar - Concello de Ferrol

Este proxecto ten como finalidade reforzar a identidade marítima de Ferrol mediante a posta en valor do sector pesqueiro, do produto local e da gastronomía mariñeira, en conexión coa estratexia municipal "Abrir Ferrol ao Mar". A iniciativa combina actuacións de promoción, formación e divulgación en espazos emblemáticos da cidade, como a Confraría de Pescadores de Ferrol e o Mercado da Magdalena, fomentando o coñecemento dos produtos pesqueiros de proximidade, a súa valorización gastronómica e a conexión entre o sector pesqueiro, a cidadanía e o comercio local.

O proxecto conta coa colaboración da Confraría de Pescadores de Ferrol, contribuíndo a impulsar a economía azul, fortalecer a cultura mariñeira e promover unha relación máis próxima entre a cidade e o mar.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Ferrol
Datos de interese: 
https://ferrol.gal/
Perfil empresarial: 
Administración local
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro 2025 FEMPA
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
09/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
18
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Ferrol

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
41.031,10€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
41.031,10€
Total axuda pública aprobada (€): 
32.824,88€
% Subvención: 
80
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
22.977,42€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
9.847,46€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Poñer en valor o sector pesqueiro local e os produtos pesqueiros de proximidade, destacando a súa importancia económica, social, cultural e gastronómica para a cidade de Ferrol.
  • Reforzar a identidade marítima de Ferrol mediante actuacións de promoción, divulgación e dinamización en espazos vinculados á actividade pesqueira e comercial.
  • Impulsar a economía azul e a gastronomía baseada nos produtos do mar, favorecendo a conexión entre o sector pesqueiro, o comercio local e a cidadanía.
  • Promover o coñecemento dos produtos pesqueiros locais e das súas posibilidades gastronómicas mediante actuacións formativas e divulgativas dirixidas á cidadanía.
  • Mellorar a proxección de Ferrol como cidade vinculada ao mar, á sustentabilidade e á valorización do seu patrimonio marítimo-pesqueiro.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Maior visibilidade e valorización do sector pesqueiro e dos produtos pesqueiros de proximidade mediante a celebración de actuacións gastronómicas, divulgativas e formativas en espazos estratéxicos da cidade.

  • Incremento do coñecemento da cidadanía sobre o produto pesqueiro local, as técnicas de manipulación, conservación e elaboración culinaria, favorecendo o seu consumo responsable.
  • Reforzo da colaboración entre o Concello de Ferrol, a Confraría de Pescadores, profesionais da gastronomía e outros axentes vinculados ao territorio para a promoción da cultura mariñeira.
  • Dinamización da Confraría de Pescadores de Ferrol e do Mercado da Magdalena como espazos de referencia para a difusión do patrimonio marítimo-pesqueiro e da gastronomía local.
  • Maior difusión do proxecto e do produto pesqueiro local a través dunha estratexia de comunicación, redes sociais e medios de comunicación, ampliando o alcance das actuacións desenvolvidas.
Principais actividades do proxecto: 

O proxecto articúlase arredor dun conxunto de actuacións orientadas á promoción do sector pesqueiro local, a divulgación da cultura mariñeira e a valorización dos produtos pesqueiros de proximidade mediante actividades abertas á cidadanía.

  • Planificación, coordinación e organización do proxecto, incluíndo o deseño do programa de actividades, a coordinación dos distintos axentes participantes e o seguimento da execución.
  • Desenvolvemento de actividades no Mercado da Magdalena, con demostracións gastronómicas, degustacións e accións de divulgación centradas na promoción e valorización dos produtos pesqueiros locais.
  • Realización de actividades na Confraría de Pescadores de Ferrol, con showcookings, accións formativas, mesas de debate e outras iniciativas orientadas a achegar á cidadanía o sector pesqueiro, a gastronomía mariñeira e a cultura do mar.
  • Execución da estratexia de comunicación e difusión, mediante a elaboración de materiais promocionais, a difusión en medios de comunicación e redes sociais e outras accións destinadas a incrementar a visibilidade do proxecto e dos produtos pesqueiros locais.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións relacionadas co mar.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)