Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Innovación e eficiencia no transporte de produtos pesqueiros

Embarcación MINA

O proxecto ten como finalidade modernizar os medios destinados ao transporte e distribución de produtos pesqueiros frescos mediante a adquisición dun furgón isotermo híbrido enchufable (PHEV). Promovido por un armador con embarcacións adscritas á Confraría de Pescadores de Ferrol, que desenvolve tamén a actividade de comercialización polo miúdo de produtos pesqueiros, o investimento permitirá mellorar a loxística asociada á comercialización, garantir o mantemento da cadea de frío durante o transporte, reforzar a calidade e trazabilidade dos produtos e incrementar a eficiencia da actividade comercial. Ao mesmo tempo, a incorporación dun vehículo híbrido enchufable contribúe á modernización da actividade mediante unha solución de transporte máis eficiente e respectuosa co medio ambiente, favorecendo a competitividade da empresa e a valorización das capturas.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
José Andrés Rodríguez Pita
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Armador e comercializador polo miúdo de produtos pesqueiros
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro 2025 FEMPA
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
09/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Ferrol

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
40.748,81€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
40.748,81€
Total axuda pública aprobada (€): 
40.748,81€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
28.524,17
FEMP (%): 
70
CA (€): 
12.224,64€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Modernizar os medios destinados ao transporte e distribución de produtos pesqueiros mediante a adquisición dun furgón isotermo híbrido enchufable (PHEV).
  • Mellorar a loxística asociada á comercialización polo miúdo de produtos pesqueiros, garantindo o mantemento da cadea de frío durante o transporte.
  • Reforzar a calidade, conservación e trazabilidade dos produtos pesqueiros ao longo do proceso de comercialización.
  • Incrementar a eficiencia e competitividade da actividade comercial mediante a incorporación dun vehículo adaptado ás necesidades do sector.
  • Favorecer unha mobilidade máis eficiente e sustentable, reducindo o impacto ambiental asociado ao transporte e contribuíndo á modernización da actividade.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Mellora da loxística asociada á comercialización de produtos pesqueiros frescos.
  • Garantía do mantemento da cadea de frío durante o transporte, favorecendo unha mellor conservación e calidade do produto.
  • Reforzo da trazabilidade e das condicións de distribución dos produtos pesqueiros.
  • Incremento da eficiencia da actividade comercial mediante a incorporación dun furgón isotermo híbrido enchufable (PHEV).
  • Redución do impacto ambiental asociado ao transporte, gracias á utilización dun vehículo máis eficiente e sustentable.
  • Contribución ao mantemento da actividade económica e do emprego vinculado á empresa, de acordo cos indicadores do proxecto.
Principais actividades do proxecto: 

Adquisición dun furgón isotermo híbrido enchufable (PHEV) para o transporte e distribución de produtos pesqueiros, garantindo o mantemento da cadea de frío, mellorando a conservación e trazabilidade do produto e favorecendo unha mobilidade máis eficiente e sustentable.

Esta actuación contribúe a modernizar os medios empregados na comercialización de produtos pesqueiros, mellorando a eficiencia loxística, a calidade do servizo e a competitividade da actividade, ao tempo que incorpora unha solución de transporte máis sostible e aliñada cos obxectivos de modernización e transición ambiental promovidos polo FEMPA.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.2. Conseguir un sector pesqueiro resiliente onde as actividades marítimo-pesqueiras acaden un peso importante na actividade económica da zona costeira

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)