Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Nós Mariñeir@s

Posta en valor do patrimonio material e inmaterial relacionado coa cultura mariñeira de Ferrol, en particular do barrio portuario de Ferrol Vello, declarado como Ben de Interese Cultural (BIC), conxunto patrimonial ao que se pretende dotar de contido a través deste proxecto con iniciativas diversas para reforzar a imaxe da zona como referente da cultura mariñeira. Favorecer a conexión da poboación co mundo do mar e coas súas tradicións culturais, dinámica e idiosincrasia adaptándoas a diferentes colectivos e apostando pola colaboración entre as entidades vinculadas ao mar e ao propio barrio. Especial protagonismo cobra neste sentido a Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, entidade á que este proxecto apoia para incrementar o valor do seu papel sociocultural, instalacións, produtos e imaxe.

Poñer en común o traballo que realizan os diferentes colectivos vinculados ao sector pesqueiro e marítimo da zona de Ferrol Vello, sumando sinerxias entre estas entidades co propósito de que o proxecto canalice e contribúa a reforzar a imaxe da zona como referente da cultura mariñeira. Valorizar tamén a importante industria -ligada ao mar na maioría dos casos- que existiu na zona no século XX (bacaladeira Pysbe ou a fábrica de xeo, entre outros...).

A orixe mariñeira do barrio é o elemento central do proxecto, e arredor del xira o conxunto de actividades propostas co obxecto de poñer en valor esta característica destacada de Ferrol Vello e a importancia de manter a conexión do barrio coa actividade do sector. Favorecer o coñecemento dos produtos que se obteñen da ría de Ferrol, tanto entre a poboación en xeral como entre os máis novos, e atraer visitantes ao barrio para promocionalo dende o punto de vista turístico como orixe mariñeiro da cidade, son os dous piares deste proxecto que amarra definitivamente a Ferrol Vello co mar.

O Concello de Ferrol, conta para levar a cabo este proxecto, coa colaboración da Confraría de Pescadores de Ferrol, a Autoridade Portuaria de Ferrol, a Asociación Hostalería Fervello, a AVV Ferrol Vello e a Escola Náutico Pesqueira.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Ferrol
Datos de interese: 
https://www.ferrol.gal/
Perfil empresarial: 
Administración local
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de decembro de 2023 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
19/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
20
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Ferrol

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
41.684,50€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
33.335,50€
Total axuda pública aprobada (€): 
26.668,40€
% Subvención: 
80
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
18.667,88€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
8.000,52€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Asentar a memoria marítimo-pesqueira no territorio

Reforzar a imaxe de Ferrol como barrio mariñeiro convertendo o barrio de Ferrol Vello nun punto de encontro interxeracional

Dar valor ao produto pesqueiro e marisqueiro local

Recuperar a memoria dos maiores que poden achegar moita información valiosa da vida no barrio portuario

Difundir a cultura mariñeira entre a poboación en xeral con especial atención á infancia e mocidade

Potenciar a  hostalería de Ferrol Vello, priorizando a desestacionalización

Difundir receitas con produtos da zona, con especial atención a variedades características da como a recentemente recuperada "zamburiña negra"

Aproveitar a orixe do Camiño Inglés para espallar a cultura mariñeira

Contribuír á remuda xeracional no sector marítimo e a integración da muller nas actividades marítimas aproveitando a proximidade da Escola Náutico-Pesqueira

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

1. Conseguir que cale na sociedade a relevancia de Ferrol Vello como barrio pesqueiro orixe da cidade para incrementar o valor do papel sociocultural da confraría, o que repercutirá nun maior consumo do produto local, especialmente na hostalería e no turismo.

2. Aumentar o coñecemento da actividade pesqueira e marisqueira entre a poboacion en xeral e entre as mulleres e o colectivo mozo, cun previsible incremento da matrícula nos estudos relacionados co mar

3. Profundizar na conexión da poboación co mundo do mar, as súas tradicións culturais, dinámicas e idiosincrasia

4. Intensificar a relación entr os axentes involucrados no aproveitamento socioeconómico dos recursos da ría de Ferrol de cara a novas actuacións conxuntas. Crearase así mesmo un corpus de coñecemento común do que se poden beneficiar individualmente cada un destes axentes

5. Converter Ferrol Vello nun foco de atracción do Camiño Inglés

6. Potenciar e desestacionalizar a hostalería do barrio

7. Favorecer as relacións interxeracionais

Principais actividades do proxecto: 

- Cruceiro pola ría. Percorrida en lancha pola ría de Ferrol, guíado por persoal da Confraría de Pescadores de Ferrol

- Showcooking con produtos do mar. Actividade organizada en colaboración coa Asociación de Hostaleiros Férvello de Ferrol Vello e a Confraría de Pescadores de Ferrol

- Rutas guíadas pola industria de Ferrol Vello desaparecida. Percorridos polas zonas do barrio nas que estiveron enclavadas importantes industrias vinculadas co mar do século XX

- Obradoiros de cociña infantís. Actividade organizada en colaboración coa Asociación de Hostaleiros Férvello de Ferrol Vello e a Confraría de Pescadores de Ferrol

- Charlas organizadas coa Escola Oficial Náutico-Pesqueira

- Produtos de apoio ás visitas didácticas do público infantil á lonxa da Confraría de Pescadores de Ferrol (deseño dunha mascota e libro de colorear)

- Imaxe do proxecto, difusión do proxecto en RRSS, receitario con produtos da lonxa local; videos mariñeiros; Exposición final na autoridade portuaria

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo

Obxectivo específico da EDLP: 

4.1. Lograr asentar a memoria cultural marítimo-pesqueira en todo o territorio.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)