Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución DEFINITIVA 2ª fase adxudicación axudas 2019 Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte

1. A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en reunión celebrada o 27 de setembro de 2019 en Miño, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”. (Resolución publicada o día 1 de outubro de 2019 nesta mesma páxina web e no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte)

2. Rematado o prazo de alegacións, e ao non recibir ningunha alegación, os membros da Xunta Directiva acordan que unha vez publicada a resolución provisional -segundo o Artigo 24 da Orde de 21 de decembro de 2018- e abrir un prazo de achegas de 5 días hábiles; no caso de non recibir alegacións ao respecto, quedarían aprobadas definitivamente as propostas da resolución provisional, elevando a público unha proposta de resolución definitiva de proxectos produtivos, sen necesidade de levar a cabo unha nova reunión de Xunta Directiva presencial, ao non existir alegacións nin modificacións de ningún aspecto nos acordos tomados nos diferentes proxectos nesta reunión, e que tiveran que ser novamente debatidos polos membros, tendo en conta o estipulado no artigo 24 da “Orde de Axudas do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019”.

3. Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións DEFINITIVAS:

Proposta Xunta Directiva resolución DEFINITIVA Convocatoria 2019

Anexo I. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva PRODUTIVOS Convocatoria 2019

Anexo II. Proposta DEFINITIVA Xunta Directiva DESESTIMADOS Convocatoria 2019

Esta proposta de resolución DEFINITIVA de Xunta Directiva para proxectos produtivos da 2ª fase de adxudicación de axudas da Convocatoria 2019, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos  para esta convocatoria 2019.