Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Proposta de resolución provisional Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Norte Convocatoria 2023 (orde do 14 de setembro de 2023)

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura -FEMPA- 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023 (DOG nº183 do 26 de setembro de 2023). 

Preme nos seguintes enlaces para ver as resolucións provisionais:

Certificado Xunta Directiva resolución provisional Convocatoria 2023

Anexo I. Proposta provisional Xunta Directiva partida orzamentaria 770 Convocatoria 2023

Anexo II. Proposta provisional Xunta Directiva partida orzamentaria 780 Convocatoria 2023

Anexo III. Proposta provisional Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS Convocatoria 2023

Anexo IV. Baremacións partidas orzamentarias 770 e 780. Follas resumo

Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos das partidas orzamentarias 770 e 780, así como os desestimados/inadmitidos  da Convocatoria 2023, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para as partidas orzamentarias 770 e 780 para esta convocatoria 2023.

Outórgase un prazo de alegacións de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Golfo Ártabro Norte e na web galp.xunta.gal, que será o día 23 de novembro de 2023.