Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Valorización da actividade mariñeira a través dos espazos litorais e das prácticas deportivas acuáticas nos municipios de Ares e Valdoviño

Este proxecto de cooperación denominado Ares e Valdoviño no Mar busca establecer un diálogo entre os dous concellos, á hora de poñer en valor os seus atributos diferenciais, en relación ao patrimonio litoral e ás actividades deportivas náuticas de referencia destes territorios (o sector do remo en Ares e o surf en Valdoviño).  Fomentar a visibilización destas actividades náuticas, que se observan na paisaxe litoral e lign coas actividades mariñeiras. Os colectivos ligados a este proxecto (remeiros/as, surfistas e mariscadoras) transmiten valores moi parellos no seu discurso da sustentabilidade e do coidado mariño.

Desenvolveránse accións de sensibilización, dirixidas a escolares e ao público en xeral sobre os oficios mariñeiros e as prácticas deportivas náuticas. Estas actuacións contribuirán a unha maior valorización dos oficios do mar e da actividade náutica, podendo atraer novos efectivos e paliar a falta de relevo xeracional.

Datos xerais
Acrónimo: 
ARES E VALDOVIÑO NO MAR
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Ares
Datos de interese: 
https://concellodeares.gal/
Perfil empresarial: 
Administración local
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 3 de agosto de 2021 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMP 2014-2020
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
01/12/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
9
Anualidades: 
2
Data fin de execución: 
30/09/2022
Ámbito de aplicación: 

Ares e Valdoviño

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
71.825,60€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
71.825,60€
Total axuda pública aprobada (€): 
64.643,04€
% Subvención: 
90
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
54.946,58€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
9.696,46€
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Valorizar o labor mariñeiro en Ares e Valdoviño e o potencial que teñen os espazos naturais de ambos municipio, desenvolvendo accións de sensibilización dirixidas a escolares e ao público en xeral.

Transmitir valores do crecemento azul coma unha estratexia a longo prazo de apoio ao crecemento sustentable do sector, que recoñece a importancia do mar como motor da economía

Visibilizar a actividade mariñeira nos municipios de Ares e Valdoviño mediante dispositivos informativos sobre os produtos mariños e os colectivos, os areais e a práctica deportiva náutica

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Dignificación dos oficios do mar, o cal pode supoñer a atracción de novos efectivos laborais que poden ser facilitadores dun relevo xeracional

Maior visibilización do labor mariñeiro nos dous municipios e a súa importancia como actividade económica

Impulso á ideación de novas liñas de negocio e xeración de novos proxectos profesionais, vinculados aos oficios do mar e deportes náuticos

Sesións informativas e divulgativas sobre os oficios mariñeiros e as prácticas deportivas náuticas

Principais actividades do proxecto: 

Actividade 1. Definición do proxecto e análise estratéxica

Actividade 2. Obradoiros de sensibilización dirixidos a escolares de Ares

Actividade 3. Xornadas de iniciación ao remo

Actividade 4. Programa de rutas n o litoral para público en xeral

Actividade 5. Deseño e implantación de paneis didácticos móbiles e exposición

Actividade 6. Creación da imaxe do proxecto e banco de fotografías para a súa difusión

Actividade 7. Visita de escolares de Ares ao Concello de Valdoviño

Actividade 8. Adquisición de embarcación para iniciación ao remo

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo específico da EDLP: 

Asegurar o relevo xeracional para manter a continuidade da actividade e tradición pesqueira como base económica sostible no territorio

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)