
Este proxecto de cooperación denominado Ares e Valdoviño no Mar busca establecer un diálogo entre os dous concellos, á hora de poñer en valor os seus atributos diferenciais, en relación ao patrimonio litoral e ás actividades deportivas náuticas de referencia destes territorios (o sector do remo en Ares e o surf en Valdoviño). Fomentar a visibilización destas actividades náuticas, que se observan na paisaxe litoral e lign coas actividades mariñeiras. Os colectivos ligados a este proxecto (remeiros/as, surfistas e mariscadoras) transmiten valores moi parellos no seu discurso da sustentabilidade e do coidado mariño.
Desenvolveránse accións de sensibilización, dirixidas a escolares e ao público en xeral sobre os oficios mariñeiros e as prácticas deportivas náuticas. Estas actuacións contribuirán a unha maior valorización dos oficios do mar e da actividade náutica, podendo atraer novos efectivos e paliar a falta de relevo xeracional.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Valorizar o labor mariñeiro en Ares e Valdoviño e o potencial que teñen os espazos naturais de ambos municipio, desenvolvendo accións de sensibilización dirixidas a escolares e ao público en xeral.
Transmitir valores do crecemento azul coma unha estratexia a longo prazo de apoio ao crecemento sustentable do sector, que recoñece a importancia do mar como motor da economía
Visibilizar a actividade mariñeira nos municipios de Ares e Valdoviño mediante dispositivos informativos sobre os produtos mariños e os colectivos, os areais e a práctica deportiva náutica
Dignificación dos oficios do mar, o cal pode supoñer a atracción de novos efectivos laborais que poden ser facilitadores dun relevo xeracional
Maior visibilización do labor mariñeiro nos dous municipios e a súa importancia como actividade económica
Impulso á ideación de novas liñas de negocio e xeración de novos proxectos profesionais, vinculados aos oficios do mar e deportes náuticos
Sesións informativas e divulgativas sobre os oficios mariñeiros e as prácticas deportivas náuticas
Actividade 1. Definición do proxecto e análise estratéxica
Actividade 2. Obradoiros de sensibilización dirixidos a escolares de Ares
Actividade 3. Xornadas de iniciación ao remo
Actividade 4. Programa de rutas n o litoral para público en xeral
Actividade 5. Deseño e implantación de paneis didácticos móbiles e exposición
Actividade 6. Creación da imaxe do proxecto e banco de fotografías para a súa difusión
Actividade 7. Visita de escolares de Ares ao Concello de Valdoviño
Actividade 8. Adquisición de embarcación para iniciación ao remo
Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Asegurar o relevo xeracional para manter a continuidade da actividade e tradición pesqueira como base económica sostible no territorio
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)