
Posta en marcha por unha muller, dun establecemento hostaleiro en formato de Apartamentos Turísticos de características innovadoras e únicas no territorio vinculado coa tradición mariñeira, natural, cultural, patrimonial e turística do Camiño Inglés no núcleo urbano de Pontedeume, a escasos metros do dito Camiño, ampliando a actividade da empresa cara un maior valor engadido. Este establecemento busca potenciar a interacción dun aloxamento turístico moderno, funcional e nun edificio de especial singularidade e historia para facilitar a interacción da poboación turística cos distintos axentes do sector do mar (Confrarías de Pescadores, clubes deportivos do mar, actividades culturais....) e coas entidades involucradas no fomento do turismo mariñeiro e costeiro.
Este establecemento estará centrado na fusión entre turismo, benestar e goce da natureza e do entorno mariño que destaca en Pontedeume.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Pór en marcha unha nova fórmula de establecemento turístico non existente en Pontedeume ata o momento, potenciando os recursos locais en materia de turismo vinculado co patrimonio cultural, mariñeiro e de benestar persoal, facendo máis atractivo o noso territorio para as persoas visitantes.
Axudar a consolidar novas fórmulas empresariais no territorio, buscando as máximas sinerxias cos demais axentes do mesmo para abrir novas experiencias á poboación visitante.
Buscar un novo modelo de establecemento hostaleiro que se centre na fusión entre turismo, benestar e goce da natureza e do entorno mariño que destaca en Pontedeume.
Contribuír a chamar máis a atención sobre o potencial de Pontedeume e o propio territorio do GALP Golfo Ártabro Norte como destino turístico desestacionalizado, xerando novas posibilidades laborais directas e indirectas e abrindo a via a novos contidos con maior valor engadido para as persoas visitantes.
Por en marcha unha nova fórmula hostaleira en Pontedeume, potenciando a diversificación da economía local e a atracción e consolidación do turismo cara unha maior desestacionalización do mesmo.
Xerar novos empregos no ámbito de actividades locais diversificadoras, ao tempo que se da máis posibilidades e ao emprego indirecto a xerar tamén neste territorio.
Sentar as bases dun novo modelo de turismo máis orientado ao patrimonio cultural, da saúde e o benestar persoal, factores cada vez máis valorados pola poboación turista e que posibiliten unha maior desestacionalización do fluxo de visitantes.
Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Potenciar o xurdimento dunha oferta completa e de calidade vinculada á actividade mariñeira na zona, á súa cultura e ás súas tradicións.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)