Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Selección e contratación de persoal para o posto de xerente do GALP Golfo Ártabro Norte

O GALP Golfo Ártabro Norte debe contar co persoal necesario con formación e capacidade para a realización das funcións que ten encomendadas como entidade colaboradora da Consellería do Mar na xestión da EDLP do GALP no período FEMPA 2021-2027.  A cláusula 17ª do Convenio de colaboración asinado coa Consellería do Mar establece as características e condicións do persoal do GALP e a súa selección e recolle que unha das persoas será a persoa encargada da xerencia.

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Norte en sesión celebrada o 2 de agosto de 2023 aprobou as bases reguladoras da selección e a convocatoria para a contratación dun/ha XERENTE da Asociación Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte onde están recollidas as condicións e requisitos necesarios e que pódense consultar na seguinte ligazón:

BASES DE SELECCIÓN E PROCEDEMENTO 

O obxecto desta convocatoria é a selección e contratación laboral da persoa que desempeñará o posto de XERENTE do GALP Golfo Ártabro Norte na xestión da Estratexia do Grupo no marco do FEMPA.

A selección farase tendo en conta os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade da convocatoria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O 9 DE AGOSTO ATA O 30 DE AGOSTO DE 2023 (AMBOS INCLUSIVE)

As solicitudes poderán presentarse ben de forma presencial na sede do GALP de luns a venres de 9.00 a 14.00 h, ben por correo ordinario certificado ao rexistro do GALP, en sobre pechado na oficina do GALP (neste último caso, deberá enviarse un correo electrónico antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, indicando que se enviou a documentación por correo certificado e copia do documento acreditativo do envío): Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GOLFO ARTABRO NORTE. Rúa Curro, 33 (Casa do Pescador), 15630 Miño. Teléfono 981 784 417

 

 

 

 

Páxinas

Publicado: 16/05/2025

Detectado un  erro no Anexo I partida 780 da proposta de resolución provisional, procédese a publicar os correspondentes cambios do anexo afectado:

Publicado: 06/05/2025

A Xunta Directiva do GALP A Mariña-Ortegal en xuntanza celebrada o día 5 de Maio de 2025, vista a proposta de resolución provisional do Equipo Técnico do GALP seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou  prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “ ORDE do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de...

Publicado: 03/01/2025

Tal e como figuran nas bases para a provisión dunha praza de persoal auxiliar administrativo da Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda, o día 3 xaneiro de 2025 realizouse na sede do GALP7 a entrevista ás sete persoas que acadaron maior puntuación na proba escrita. A continuación valoráronse os méritos das persoas participantes.

Os resultados foron os seguintes:

 

 

...

Publicado: 26/12/2024

Tal e como figuran nas bases para a provisión dunha praza de persoal auxiliar administrativo da Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo – A Guarda, o día 26 de decembro de 2024 realizouse no Edificio “Virxe do Carme” do Porto Pesqueiro de Vigo a proba escrita.

 

Páxinas