OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Obxectivo específico 1.1. Fomentar a posta en marcha de novas actividades empresariais vinculadas ao sector do mar que acheguen máis valor a nivel local.
Liña de actuación 1.1.1. Poñer en marcha fórmulas para incrementar o valor do produto pesqueiro.
1.1.1.1 Apoio a sistema de depuración e mantemento do produto pesqueiro.
1.1.1.2 Apoio a iniciativas de comercialización do produto pesqueiro que faciliten a súa venda directa. Uso das novas tecnoloxías para (web, app, etc) para a venda online de produto pesqueiro e marisqueiro.
1.1.1.3 Apoio a proxectos innovadores para a transformación e/ou comercialización de
produtos do mar.
1.1.1.4 Accións de impulso para a creación ou consolidación de marcas de produtos pesqueiros da zona.
1.1.1.5 Accións de mellora e creación do envasado e etiquetado de produtos pesqueiros.
1.1.1.6 Proxectos que potencien o consumo local e de proximidade dos produtos pesqueiros.
1.1.1.7 Posta en marcha de iniciativas que axuden á conservación e mellora dos bancos
marisqueiros.
Liña de actuación 1.1.2. Implicar ao ámbito formativo/educativo e científico co desenvolvemento sostible do sector do mar.
1.1.2.1 Apoio a proxectos de I+D+I destinados á posta en valor de produtos pesqueiros, subprodutos, refugallos e descartes derivados da actividade pesqueira.
1.1.2.2 Establecemento no territorio de spin-offs universitarias relacionadas con actividades vinculadas ao sector pesqueiro.
1.1.2.3 Proxectos de investigación que impulsen o desenvolvemento de iniciativas
vinculadas ao sector pesqueiro.
1.1.2.4 Desenvolvemento de accións de formación especializada e transmisión de boas
prácticas para o sector do mar.
Obxectivo específico 1.2. Asegurar o relevo xeracional para manter a continuidade da actividade e a tradición pesqueira como base económica sostible no territorio.
Liña de actuación 1.2.1. Dignificar as actividades e profesións do mar.
1.2.1.1 Fomento de accións dirixidas ao coñecemento da cultura e as tradicións mariñeiras e do medio mariño, destinadas ás xeracións máis novas.
1.2.1.2 Difusión do papel relevante da actividade pesqueira e marisqueira no desenvolvemento económico e social do territorio.
1.2.1.3 Creación de espazos de interpretación e exposición de actividades e tradicións mariñeiras.
1.2.1.4 Impulso da toma de conciencia sobre a importancia do papel da vida mariñeira e o mar na historia e na cultura do territorio.
1.2.1.5 Recompilación do coñecemento en relación á execución do labor marisqueiro na zona, facéndoo accesible á sociedade.
1.2.1.6 Accións de formación para novas persoas profesionais do sector, baseadas principalmente, nas TIC.
1.2.1.7 Medidas para a mellora da habitabilidade, seguridade e reparación das embarcacións, equipamentos e infraestruturas marítimo-pesqueiras.
Obxectivo específico 1.3. Conseguir a plena igualdade de oportunidades no acceso e desenvolvemento das actividades no sector pesqueiro.
Liña de actuación 1.3.1. Contribuír activamente á eliminación das barreiras de xénero.
1.3.1.1 Realización de xornadas de difusión e coñecemento da problemática asociada á igualdade de xénero no sector.
1.3.1.2 Promoción do coñecemento e intercambio de boas prácticas en materia de igualdade de oportunidades.
1.3.1.3 Realización de estudos sobre atrancos para o acceso en igualdade de oportunidades no sector dentro do territorio.
1.3.1.4 Fomento de medidas para a conciliación da vida familiar e laboral e para o reparto igualitario das tarefas do fogar.
1.3.1.5 Impulso de actuacións para o empoderamento da muller no desenvolvemento profesional e persoal.
Liña de actuación 1.3.2. Facer que as actividades mariñeiras sexan máis accesibles para todas as persoas
1.3.2.1 Concienciación en torno á existencia das barreiras e a necesidade da súa eliminación.
1.3.2.2 Fomento de proxectos de innovación relacionados coa integración das persoas con discapacidade no mundo mariñeiro.
1.3.2.3 Eliminación de barreiras nos contornos produtivos para facelos máis accesibles ás persoas con discapacidade.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Obxectivo específico 2.1. Converter o turismo e o propio turismo mariñeiro, en particular, nun novo motor económico no territorio.
Liña de actuación 2.1.1. Potenciar o xurdimento dunha oferta turística completa e de calidade vinculada á actividade mariñeira.
2.1.1.1 Apoio a proxectos e actividades que favorezan a desestacionalización do turismo na zona costeira.
2.1.1.2 Accións para a mellora da información e formación turística no territorio.
2.1.1.3 Potenciación das redes sociais e a interacción a través delas con potenciais prescriptores e clientes.
2.1.1.4 Promoción da integración dos produtos da terra coa oferta de turismo mariñeiro.
2.1.1.5 Accións para a captación de potenciais novos clientes provintes do turismo de cruceiros e do turismo industrial no contorno do GALP.
2.1.1.6 Promoción de actividades recreativas e deportivas acuáticas e subacuáticas.
2.1.1.7 Fomento de experiencias integrais de turismo mariñeiro a través da súa combinación co actividades vinculadas á terra.
2.1.1.8 Posta en marcha de actividades de lecer e/ou turísticas relacionadas co mar e coa costa do Golfo Ártabro Norte que supoñan un compromiso coa conservación e posta en valor do patrimonio cultural e ambiental.
2.1.1.9 Apoio á creación ou adaptación (accesibilidade) de infraestruturas turísticas relacionadas coa hostalería e a restauración e con encanto mariñeiro.
Liña de actuación 2.1.2. Acadar a capacitación plena das persoas emprendedoras para que aproveiten mellor os recursos do territorio na promoción de iniciativas turísticas
2.1.2.1 Apoio a iniciativas turísticas relacionando o Camiño Inglés coa zona costeira e o sector do mar ao seu paso polo territorio GALP.
2.1.2.2 Formación para a ser guías de turismo con coñecementos específicos sobre o territorio e os seus recursos.
2.1.2.3 Promoción do intercambio de experiencias e boas prácticas en zonas de excelencia turística.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3. Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Obxectivo específico 3.1. Loitar contra o cambio climático e os seus efectos.
Liña de actuación 3.1.1. Acadar unha maior concienciación sobre as repercusións do cambio climático e reducir o impacto sobre o territorio.
3.1.1.1 Organización de xornadas, cursos e outros eventos destinados aos profesionais do mar para a difusión do cambio climático, as súas causas e os seus efectos.
3.1.1.2 Realización de estudos e experiencias emprendedoras relacionadas co minoración do impacto ambiental da actividade no mar.
3.1.1.3 Promoción de accións en colaboración coa Reserva da Bioesfera e outros axentes relevantes do territorio para iniciativas sobre o cambio climático.
3.1.1.4 Apoio a proxectos educativos inmersivos relacionados relacionados coa cadea de valor, coa participación dos profesionais do sector.
3.1.1.5 Promoción de modelos enerxéticos máis eficientes nas actividades marítimo-pesqueiras e iniciativas na zona costeira.
Obxectivo específico 3.2. Acadar un medio natural sostible.
Liña de actuación 3.2.1. Garantir a sostibilidade e o uso eficiente dos recursos mariños.
3.2.1.1 Realización de accións de educación, concienciación e sensibilización entre a sociedade do valor dos recursos e o medio mariño e da súa explotación responsable.
3.2.1.2 Fomento de accións conxuntas en réxime de cooperación para a erradicación do furtivismo, potenciando o uso de novas solucións intelixentes e innovadoras para mellorar a coxestión dos recursos.
3.2.1.3 Desenvolvemento de proxectos e actividades relacionadas cos fondos mariños.
3.2.1.4 Apoio a proxectos de recuperación, reutilización e aproveitamento dos refugallos das zonas portuarias e os residuos producidos pola actividades pesqueira.
Liña de actuación 3.2.2. Promover a identificación de riscos para o coidado do medio natural e mariño.
3.2.2.1 Promoción de accións de conservación do medio mariño, en especial as desembocaduras dos ríos.
3.2.2.2 Realización de estudos científicos relacionados co impacto dos fenómenos ambientais e da acción humana no contorno.
3.2.2.3 Fomento da protección dos valores naturais de xeito compatible co desenvolvemento das actividades económicas.
3.2.2.4 Definición e implantación de plans de prevención ou mitigación con especial atención ás especies invasoras no referente a flora e fauna.
Liña de actuación 3.2.3. Potenciar o desenvolvemento de elementos patrimoniais e infraestruturas produtivas sostibles.
3.2.3.1 Difusión dos principios, vantaxes e estado da arte no eido da construción sostible dirixido a empresas do sector e confrarías da zona.
3.2.3.2 Realización de obradoiros prácticos e participativos en relación á construción sostible e a súa aplicabilidade en relación ás infraestruturas produtivas do sector do mar.
3.2.3.3 Apoio ao desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación destinados ao aproveitamento de subprodutos ou refugallos da actividade pesqueira e marisqueira para a construción sostible ou outras utilidades.
3.2.3.4 Apoio a execución de proxectos singulares e vinculados a actividades do mar que podan ser pioneiros e de referencia no ámbito da construción, a fabricación ou a produción de servizos sostibles, e que sexan susceptibles de converterse en iniciativas empresariais.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
Obxectivo específico 4.1. Aumentar o coñecemento de elementos patrimoniais relacionados co mar na zona costeira.
Liña de actuación 4.1.1. Facer máis accesible á información e coñecemento sobre o patrimonio mariñeiro para a súa posta en valor.
4.1.1.1 Apoio ao desenvolvemento de proxectos sostibles de catalogación, investigación e recuperación do patrimonio mariño do territorio de xeito ordenado.
4.1.1.2 Programación de accións de divulgación sobre o medio mariño dirixidas a colectivos específicos, potenciando o acceso multicanle conforme ás características do público obxectivo.
4.1.1.3 Aproveitamento sostible e responsable do medio mariño como elemento de valor que complementa á oferta turística da zona.
4.1.1.4 Apoio a iniciativas que promovan a mellora e desenvolvemento profesional de oficios mariñeiros (redeiras, carpintería de ribeira, etc).
Liña de actuación 4.1.2. Recompilar e catalogar a memoria mariñeira no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte.
4.1.2.1 Apoio ao desenvolvemento de proxectos de recuperación da memoria mariñeira (toponimia, fala, tradicións, lendas populares,...) no territorio de xeito ordenado e planificado, fomentando a participación de toda a comunidade de xeito presencial ou mediante TIC.
4.1.2.2 Programación de accións de divulgación sobre a memoria mariñeira dirixida a colectivos específicos, potenciando o acceso multicanle conforme ás características do público obxectivo.
4.1.2.3 Fomento de accións do aproveitamento da memoria e cultura mariñeira, como elemento de valor que complementan á oferta turística da zona.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 5. Reforzo da comunidade no desenvolvemento local e da gobernanza, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Obxectivo específico 5.1. Articular dispositivos de participación para acadar espazos de creación de emprego.
Liña de actuación 5.1.1. Fomentar a colaboración e coordinación dos diferentes axentes e/ou servizos de apoio ás persoas emprendedoras actuantes no territorio.
5.1.1.1 Realización de grupos de traballo e encontros con expertos (por áreas temáticas) para identificar oportunidades de desenvolvemento do territorio relacionados co crecemento azul e intelixente.
5.1.1.2 Posta a disposición para emprendedores identificados no territorio dunha bolsa de proxectos susceptibles de xerar oportunidades de negocio.
5.1.1.3 Impulso da participación dos centros formativos da zona na identificación e formación do talento e o potencial emprendedor entre o alumnado.
5.1.1.4 Proxectos que impliquen a participación, na definición de proxectos ou políticas relacionadas coa promoción e o desenvolvemento do crecemento azul.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 6 Fomento da cooperación.
Obxectivo específico 6.1. Implantar un modelo de traballo no territorio GALP para a emprendemento social.
Liña de actuación 6.1.1. Promover conxuntamente entre os axentes do territorio a creación e/ou posta a disposición de espazos para o impulso e o asentamento de novas empresas.
6.1.1.1 Apoio a actuacións destinadas á capacitación de investidores e financiadores para proxectos de emprendemento que se poñan en marcha no territorio.
6.1.1.2 Desenvolvemento de programas de formación en xestión empresarial no territorio para atender ás necesidades das persoas emprendedoras que desexen asentarse no GALP.
6.1.1.3 Apoio a procesos que impliquen ás institucións de formación superior do contorno e das administracións públicas competentes a promover estudos de viabilidade económica e técnica en relación ao crecemento azul.
6.1.1.4 Participación do GALP nos espazos de definición das políticas relacionadas coa promoción e desenvolvemento do crecemento azul.
6.1.1.5 Coordinación de axentes públicos e privados para posibilitar unha oferta integrada e completa de diferentes tipoloxías de espazos para acoller a proxectos emprendedores espallados polo territorio.
6.1.1.6 Apoio a proxectos conxuntos do territorio do GALP tanto no propio territorio como con outros territorios que fomenten o intercambio de experiencias e a cultura emprendedora en sectores relacionados co mar e a creación de empresas.