
O proxecto consiste na adquisición e instalación dunha máquina de procesado de peixe fresco cun silo e xerador de xeo. O obxectivo principal do proxecto é mellorar a calidade do produto, xa que se consigue unha preparación máis rápida e mellores características de conservación.
Ademais, ten unha vertente medioambiental, conseguindo un consumo mínimo de enerxía e potenciando o consumo responsable de km 0 e un consumo de auga moito menor.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Este proxecto supón:
- Unha mellora da imaxe e da calidade do pescado e do proceso de envasado do producto cun mínimo dano no medio ambiente por ser unha máquina de baixo consumo.
- Unha mellor conservación das características organolépticas do peixe e permite conservar mellor o sabor e as súas características para que os distribuidores o reciban nas mellores condicións posibles.
- Dar a coñecer a calidade dos produtos nas redes sociais.
- Mellora da calidade laboral debido a que os procesos produtivos non teñen tanta carga de traballo
- Mellora na valoración da participación das mulleres no proceso productivo.
Os resultados esperados son os seguintes:
- Mellora da calidade do produto.
- Aforro de enerxía, en gastos de luz, etc.
- Aforro en períodos de tempo no proceso produtivo.
- Trabajo más liviano para el trabajador
- Mais coñecemento do peixe de proximidade e do peixe de calidade
- Disminución do consumo de auga no proceso.
As actividades a realizar serán as seguintes:
- Instalación de silo de xeo móbil.
- Instalación de liña móbil de procesado de peixe
- Promoción mediante redes sociais actuais da mellora da calidade do peixe promovendo o consumo de pescado dende o kilómetro cero e de proximidade.
Obxectivo estratéxico: 1. Aumento de valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en tódalas fases da cadea de producción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
Obxectivo específico 1: Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.
Obxectivo específico 2: Promover prácticas sostibles, mellora das condicións laborais e reducción da contaminación derivada da actividade pesqueira e acuícola.
Obxectivo específico 3: Conseguir un sector pesqueiro profesional, innovador e igualitario no conxunto do territorio, xerando oportunidades para colectivos estratéxicos dentro do sector pesqueiro, ou relacionados coas actividades pesqueiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

