Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación de proxectos

PERÍODO FEMPA 2021-2027

CONVOCATORIA 2024:

Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2024, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A).

Os solicitantes poderán concorrer de maneira individual ou conxuntamente.

No caso de concorrer de forma individual deberán presentar a memoria e orzamento debidamente cumprimentados utilizando o documento Memoria de proxecto PE155A en formato PDF e a  folla de cálculo (Plan económico 155A) que poden descargar a continuación:

Os documentos Memoria proxecto PE155A e Anexo Memoria PE155A para proxectos conxuntos son documentos PDF editables. Poden convertirse  en PDF normal (por exemplo, para ser asinados) utilizando, unha vez completado o documento, a opción "imprimir" e elixindo:  Microsoft print a PDF (premendo na  imaxe de abaixo pode ver un exemplo).

  

NOTA IMPORTANTE: Ao pasar o documento a PDF normal para ser asinado, os cadros de texto non permitirán o uso do cursor e pode darse a situación de que parte do texto non sexa visible. Se fora así, deberán achegar tamén o PDF en formato editable.  En calquera caso, a sinatura non é necesaria xa que coa simple presentación na Sede, o documento queda asinado.

No caso de concorrer conxuntamente como unha agrupación de entidades (proxectos conxuntos) deberán presentar a Memoria de proxecto PE155A cos datos globais do proxecto debidamente cumprimentados,  un Anexo Memoria PE155A para proxectos conxuntos para cada unha das entidades socias do proxecto así como o  Plan económico 155A  individual  para cada un dos participantes e outro  Plan económico PE155A co sumatorio dos datos de todos os participantes.  Poden descargar un documento con  Instruccións para cubrir proxectos 

CONVOCATORIAS ANTERIORES:

Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e da Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023 (código de procedemento PE155A)