Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Obxectivos

  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
    • Obxectivo específico 1.1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro: fomentar o desenvolvemento de actuacións que permitan aumentar o valor engadido dos produtos, subprodutos e descartes da pesca e o marisqueo existentes no territorio considerando todas as fases da cadea de valor, con especial atención á innovación e á integración dos procesos de comercialización.
    • Obxectivo específico 1.2. Atracción do relevo xeracional para asegurar a continuidade da actividade pesqueira como base económica sostible no territorio e para o mantemento da cultura e as tradicións mariñeiras: contribuír efectivamente á dignificación das profesións mariñeiras e á educación das novas xeracións no mundo mariñeiro e nas súas actividades, aumentando o seu atractivo como saída profesional.
    • Obxectivo específico 1.3. Potenciar a igualdade de oportunidades no acceso á actividade no mar: liderar a eliminación de barreiras de xénero no sector dentro do territorio do GALP e favorecer a apertura destas actividades a todas as persoas.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara a novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
    • Obxectivo específico 2.1. Impulsar o turismo mariñeiro e relacionado co mar para convertelo nun novo motor económico de primeira magnitude no territorio: a gran riqueza dos recursos e medios mariños e das tradicións mariñeiras na zona supoñen unha oportunidade para o aproveitamento económico sostible mediante iniciativas que contribúan a xerar emprego, fixar poboación e atraer riqueza.
    • Obxectivo específico 2.2. Potenciar a profesionalización do sector turístico e a integración de oferta para mellorar a súa competitividade: para poder competir en calidade con outras alternativas turísticas e complementar axeitadamente a oferta de turismo mariñeiro, faise necesario contar cun sector hostaleiro e hoteleiro profesional e que opere baixo parámetros de calidade do servizo.
    • Obxectivo específico 2.3. Fomentar a posta en marcha doutras actividades asociadas ao crecemento azul con potencial desenvolvemento no territorio: explorar a viabilidade e idoneidade do territorio do GALP Golfo Ártabro Norte para a posta en marcha doutras actividades que permitan completar a súa orientación ao crecemento azul, á marxe da acuicultura e o turismo.
    • Obxectivo específico 2.4. Facilitar a implantación de iniciativas emprendedoras no territorio: deben realizarse esforzos proactivos para identificar as necesidades non cubertas e as oportunidades de negocio no territorio do GALP Golfo Ártabro Norte, creando as condicións necesarias para posibilitar o asentamento no territorio de novas iniciativas emprendedoras.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
    • Obxectivo específico 3.1. Loita contra o cambio climático e os seus efectos: concienciar tanto a poboación en xeral como especialmente os profesionais do sector sobre o cambio climático, anticipar os seus efectos e promover a posta en marcha de medidas preventivas.
    • Obxectivo específico 3.2. Mantemento e mellora do medio natural: a vía para garantir un potencial aproveitamento sostible do patrimonio ambiental pasa por unha axeitada vixilancia, mantemento e mellora deste, promovendo a realización de actuacións tanto no medio mariño como costeiro para asegurar que se manteñen as características que lle son propias.
    • Obxectivo específico 3.3. Potenciar o desenvolvemento de elementos patrimoniais e infraestruturas produtivas sostibles: inculcar a idea da construción sostible e promover proxectos de reforma, mellora ou construción de infraestruturas de produción do sector do mar baixo estes parámetros.
       
  • OBXECTIVO ESTRATÉXICO 4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras.
    • Obxectivo específico 4.1. Posta en valor do patrimonio mariñeiro: recuperación, catalogación e mellora do patrimonio mariñeiro para o goce dos habitantes do GALP e para abrir o territorio ao mar, recoñecéndoo como fonte riqueza e de vida.
    • Obxectivo específico 4.2. Recompilación da memoria mariñeira: fomentar a recompilación da toponimia, a fala, as tradicións, a historia e as lendas do ámbito mariñeiro do GALP para a consolidación da cultura mariñeira entre as novas e futuras xeracións, e para a súa posta en valor como recurso para o turismo mariñeiro.