Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Descrición

A información contida nesta páxina corresponde co período de programación do FEMP 2014-2020.

Pode acceder a información sobre a EDLP aprobada ao GALP no período FEMPA 2021-2027 no seguinte enderezo web https://mar.xunta.gal/gl/o-sector/grupos-de-accion-local-do-sector-pesqu...

Misión, visión e valores da EDLP aprobada no marco do FEMP 2014-2020

Misión: a misión é a meta xeral que actuará como referente último da actuación da entidade.

O GALP Golfo Ártabro Sur contribuirá a mellorar o desenvolvemento social e económico da zona costeira, co impulso dunha actividade económica innovadora e vencellada á valorización racional do mar e ao aproveitamento sostible dos seus recursos, apoiando unha mellora e diversificación dos seus usos sociais, económicos e turísticos.

Visión: a visión é, en esencia, unha imaxe que se proxecta no futuro que se desexa para o GALP. É un factor utópico “ideal” que empurra a organización a actuar dunha maneira integrada.

O GALP Golfo Ártabro Sur quere ser un referente no desenvolvemento sostible da zona costeira, cun sector pesqueiro comprometido coa biodiversidade e a innovación, e un territorio intelixente que poña en valor os recursos culturais e naturais, como factores de dinamismo económico e como sinais de identidade propia.

Valores: calquera organización que promove iniciativas de carácter público ou privado ten coma base unha serie de valores, que son un elemento central que artella a definición das súas estratexias. Estes son inherentes ás organizacións, pero tamén son unha determinada maneira de xestionar procesos.

O GALP Golfo Ártabro Sur comprométese cos seguintes valores.
1. O litoral e, en especial, a ría debe ser unha zona cultural e medioambientalmente coidada e rexenerada que mellore a calidade de vida da poboación e incremente a actividade pesqueira e os usos turísticos diversos.
2. O Golfo Ártabro Sur terá o sector pesqueiro como eixe de desenvolvemento da zona costeira, co apoio a iniciativas que poñan en valor a profesión e os produtos pesqueiros, así como o seu recoñecemento, con especial atención ás mulleres do mar.
3. A costa deber ser un espazo estruturado e ordenado que xere emprego de calidade e benestar para súa comunidade, sempre dende o respecto aos recursos mariños, os valores paisaxísticos e o conxunto do medio natural e cultural.
4. O fomento dun sector turístico con actividades e servizos, dunha náutica deportiva que aposte pola calidade, e do valor social do deporte como instrumento de integración de persoas con diversidade funcional.
5. Un litoral que se sinta orgulloso da tradición mariñeira, que amose todo o seu potencial patrimonial e que sexa vivo, que conecte hábitats e territorios de alto valor natural.
6. Un territorio dinámico e participativo no que colaboren todos os axentes locais no desenvolvemento económico e social da zona costeira.

Descrición

EDPL Golfo Ártabro Sur

Plan financeiro