Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Descrición

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (en adiante GALP) Ártabro Sur é unha asociación sen ánimo de lucro .

As EDLP concibidas e postas en práctica polos grupos de acción local do sector pesqueiro son o principal instrumento para o logro da prioridade cuarta da UE de aumentar o emprego e a cohesión territorial mediante o obxectivo específico seguinte:

O fomento do crecemento económico, a inclusión social, a creación de emprego e o apoio á empregabilidade e á mobilidade laboral nas comunidades pesqueiras e acuícolas, incluíndo a diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto doutros sectores da economía marítima.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ártabro Sur elaborou unha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) para o período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, que foi aprobada pola consellería do Mar.

O GALP é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar na dobre vertente de axente de desenvolvemento na aplicación da EDLP da zona pesqueira, e na xestión e control das axudas que se tramiten para o desenvolvemento da devandita estratexia.