O proxecto ten como finalidade mellorar a conservación do peixe no mercado municipal de Elviña mediante a instalación dun novo sistema de xeración de xeo que sustitúa ao actual, xa obsoleto. Este equipamento permitirá garantizar unha cadea de frío máis estable e segura para os produtos do mar, en gran medida procedentes da Lonxa de A Coruña, mantenendo a súa frescura, calidade e seguridade alimentaria durante a venda.
A actuación contempla o suministro e instalación dun equipo moderno e eficente, que optimiza o consumo de enerxía e auga, produce xeo de maior calidade e asegura a súa disponibilidade continua. Ademais, integrarase nos protocolos de conservación do mercado e compañarase de formación básica para o persoal e de medidas de control e mantemento.
Con esta mellora buscase reducir mermas e custes, diminuir a dependenza de suministros alleos e reforzar a competitividade do mercado de Elviña, contribuindo ao mesmo tempo a fortalecer a cadena de valor do sector pesqueiro local e a ofrecer á cidadanía produtos frescos en mellores condicións.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
O proxecto ten como obxectivo mellorar a conservación do peixe fresco procedente da Lonxa da Coruña mediante a instalación dun novo sistema de xeración de xeo no mercado municipal de Elviña. A actuación busca garantir a cadea de frío, mellorar a calidade do xeo utilizado para a conservación dos produtos do mar, reducir os custos e a dependencia de subministracións externas e optimizar o consumo enerxético mediante un sistema máis moderno, eficiente e sostible. Con isto preténdese reforzar a competitividade, sustentabilidade e profesionalización do mercado, así como preservar a calidade e o valor do produto pesqueiro ao longo da cadea de comercialización.
A instalación permitirá dispoñer dunha subministración continua de xeo sen incidencias e mellorar a conservación do peixe fresco durante toda a xornada de venda. Espérase unha diminución das mermas e rexeitamentos derivados de problemas de conservación, así como un aforro enerxético respecto do sistema anterior e unha redución dos custos asociados á compra externa de xeo. Así mesmo, prevese unha mellora na satisfacción dos praceiros e praceiras e nos controis sanitarios, reforzando a conexión entre a Lonxa da Coruña e o mercado municipal de Elviña.
O proxecto contempla a subministración e instalación dun novo sistema de xeración de xeo no mercado municipal de Elviña, equipado con sistemas modernos de frío industrial que permiten mellorar a eficiencia enerxética e garantir unha subministración continua e segura de xeo. O sistema integrarase nos protocolos de recepción e conservación do peixe, reforzando a cadea de frío desde a descarga na Lonxa da Coruña ata a súa exposición e venda no mercado. Tamén se realizará formación básica ao persoal do mercado e aos praceiros e praceiras para o uso axeitado do sistema, o control da produción e a aplicación de boas prácticas de conservación. Finalmente, estableceranse controis de calidade e mantemento para asegurar a dispoñibilidade continua de xeo e a eficiencia enerxética do sistema.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaría do territorio.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local, incrementando o valor engadido dos produtos do mar e da acuicultura a través de accións que implementen melloras, sexan sostibles e/ou innovadoras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

