
O GALP Golfo Ártabro Sur é beneficiario da axuda autonómica a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, que se convocaron para o 2025, co proxecto "Relevo Xeracional: O futuro do Mar".
Este proxecto pretende asegurar o futuro das profesións ligadas ao mar en Galicia, promovendo a Formación profesional dual marítimo-pesqueira como vía para atraer á mocidade, mellorar a empregabilidade e reforzar a sustentabilidade do modelo produtivo.
O proxecto levarase a cabo en dúas anualidades, 2025 e 2026. O orzamento total financiado ascende a 145.520,88 € €, correspondéndolle un total de 18.190,11 € ao GALP Galp Golfo Ártabro Sur.
Esta actuación está cofinanciada polo FEMPA nun 70% e un 30% pola Comunidade Autónoma.


