xoves, 7 de Agosto de 2025 - 01:08

O día 13 de xuño o secretario do GALP Ría de Vigo - A Guarda e a súa xerencia participaron na Xornada sobre a economía azul "Onde o mar nos conecta" a bordo do Hidria Segundo no peirao Portocultura (Porto de Vigo).
A xornada consistiu nunha mesa coloquio sobre os retos da economía azul de Galicia onde participaron Carlos Botana Langarón, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, José Antonio Pérez Sieira, presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e Gonzalo Rodríguez Rodríguez, profesor titular do Dpto de Economía aplicada da Facultade de Ciencias Económicas da USC.

