luns, 20 de Xullo de 2026 - 08:07

O día 18 de xuño a Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia realizou a xornada final de presentación dos resultados do proxecto "Atadeiras", financiado polo GALP na convocatoria 2025.
No acto, que tivo lugar na nave da asociación no porto da Guarda, presentouse a nova aula para acoller as visitas e facer proxeccións sobre a historia e traballo da asociación, a renovación da imaxe da nave e presentouse a nova máquina de cargado automático de agullas, que facilita o traballo do día a día das redeiras.
Este proxecto serve para por en valor o oficio das redeiras e dar visibilidade a importancia do sector pesqueiro no territorio.

