luns, 20 de Xullo de 2026 - 08:07

O día 18 de xuño celebrouse no centro social de maiores do Concello de Nigrán unha actividade de promoción do envellecemento activo, inclusión social e recuperación da memoria vinculada ao patrimonio marítimo e cultural do noso territorio.
A xornada estivo centrada na industria conserveira e contou coa presenza dunha convidada que compartiu a sua experiencia e vivencias no sector. Os partipantes tamén tiveron a oportunidade de realizar un mural colaborativo elaborado con latas de conserva e fotografías relacionadas co mar.
A actividade encádrase dentro do proxecto da asociación AFAGA chamado "O compás do Alzheimer", financiado no marco das axudas FEMPA a través do GALP Ría de Vigo - A Guarda.

