luns, 13 de Abril de 2026 - 01:04

O día 9 de abril, tivo lugar no Instituto Politécnico Pesqueiro do Atlántico unha xornada con alumnos de 4º da ESO do IES Ricardo Mella. A dirección do Instituto Politécnico Pesqueiro do Atlánticofoi a encargada de amosar as instalacións e os programas de Formación Profesional do ámbito pesqueiro.
A actividade forma parte do proxecto de cooperación "Relevo xeracional, o futuro do mar", impulsado polos GALPs de Galicia.

