
Esta semana, a xerente do GALP Golfo Ártabro Norte, Tamara Tilve, mantivo unha reunión coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, co obxectivo de avaliar a situación actual da entidade e facer seguimento das distintas liñas de apoio impulsadas nos últimos anos para o desenvolvemento do sector.
Durante o encontro analizouse tamén o balance das axudas e dos proxectos impulsados no ámbito territorial da entidade ao abeiro da economía azul.
Na convocatoria de 2025, o GALP Golfo Ártabro Norte aprobou un total de 27 proxectos cun importe de axudas concedidas superior aos 890.000 euros e cun volume total de investimento que supera os 2 millóns de euros.
Estas iniciativas contribúen ao impulso da economía azul e ao desenvolvemento sostible do litoral, favorecendo a dinamización económica e social do territorio.
A noticia completa pode consultarse na páxina web da Xunta de Galicia:
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/024384/belen-campo-analiza-coa-xerente-galp-artabro-norte-tamara-tilve-balance-das-axudas

