
Este proxecto ten como finalidade crear un establecemento de aloxamento turístico vinculado ao sector pesqueiro, orientado á promoción do produto mariño local e da cultura gastronómica das Rías Altas. A iniciativa integrará servizos de hospedaxe, unha vinomariteca-cafetería, unha tenda gourmet e un espazo destinado á realización de eventos e actividades divulgativas, promovendo o consumo de produtos do mar de proximidade e a valorización da identidade gastronómica do territorio. O proxecto contribuirá á dinamización turística sostible, ao fortalecemento da conexión entre o turismo e o sector pesqueiro e á difusión do patrimonio mariñeiro no ámbito do GALP Golfo Ártabro Norte.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Impulsar un modelo de turismo sostible vinculado ao sector pesqueiro, baseado na promoción do produto mariño local e da cultura gastronómica das Rías Altas.
- Fomentar o consumo de produtos do mar de proximidade e contribuír á valorización da pesca e do marisqueo como elementos diferenciadores do territorio.
- Promover a identidade gastronómica e o patrimonio mariñeiro do Golfo Ártabro Norte mediante unha oferta turística innovadora e integrada.
- Contribuír á dinamización económica do territorio mediante a creación de emprego estable e o fortalecemento da actividade turística vinculada ao sector marítimo-pesqueiro.
- Creación dun establecemento turístico especializado que integra servizos de hospedaxe, vinomariteca-cafetería, tenda gourmet e espazos para a realización de eventos e actividades divulgativas vinculadas ao sector pesqueiro.
- Posta en marcha dun centro de interpretación dedicado á promoción do produto mariño, das lonxas, da gastronomía, da maridaxe e da cultura mariñeira das Rías Altas.
- Creación de 3 postos de traballo estables, contribuíndo á dinamización económica e á xeración de emprego no territorio.
- Incremento da promoción e valorización do produto pesqueiro local, favorecendo o consumo de produtos do mar de proximidade e reforzando a identidade gastronómica do Golfo Ártabro Norte.
- Rehabilitación e acondicionamento do inmoble para a súa posta en funcionamento como establecemento turístico vinculado ao sector marítimo-pesqueiro.
- Creación dunha vinomariteca-cafetería, unha tenda gourmet e espazos destinados á celebración de eventos e actividades divulgativas.
- Dotación do establecemento con mobiliario, equipamento e elementos necesarios para o desenvolvemento da actividade.
- Deseño e instalación de contidos interpretativos orientados á divulgación do produto mariño, das lonxas, da gastronomía das Rías Altas, dos viños galegos e da maridaxe con produtos pesqueiros locais.
- Desenvolvemento de actividades de promoción e difusión da cultura gastronómica e do patrimonio mariñeiro, favorecendo a valorización do produto pesqueiro de proximidade.
Obxectivo 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
2.1. Incrementar iniciativas de diversificación na zona costeira e consolidar a zona costeira como un destino turístico atractivo
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

