Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A MÚSICA NAS ARTESANÍAS PRIMIXENIAS DO MAR

 O proxecto “A música nas artesanías primixenias do mar” é unha iniciativa de carácter social, cultural e comunitario orientada á recuperación, conservación e posta en valor do patrimonio cultural mariñeiro, tanto material como inmaterial, ao tempo que promove o benestar social e a inclusión de persoas maiores, persoas con Alzhéimer, persoas con discapacidade e mulleres dos concellos de Moaña, Cangas e Vilaboa.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Asoc. de familiares de persoas con Alzheimer e outras do Morrazo - AFAMO
Datos de interese: 
https://afamomorrazo.es/
Perfil empresarial: 
AFAMO nace como asociación sen ánimo de lucro en setembro do 2000 cando un grupo de familiares de persoas afectadas por Alzheimer e outras demencias sinten a necesidade de plasmar as reivindicacións de un colectivo afectado polas consecuencias da demencia.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
11/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
20
Anualidades: 
2026-2027
Data fin de execución: 
31/10/2027
Ámbito de aplicación: 

Moaña, Cangas e Vilaboa.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
41.938,36€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
41.938,36€
Total axuda pública aprobada (€): 
41.938,36€
% Subvención: 
100%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
29.356,85
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
12.581,51
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural mariñeiro das zonas pesqueiras  e acuícolas e a recuperación das artesanías tradicionais do mar e a participación activa da comunidade, reforzando a identidade territorial.

Obxectivos específicos:

- Promover a igualdade de oportunidades e a inclusión social de colectivos desfavorecidos mediante a participación en actividades vinculadas ao patrimonio do mar. 

- Aumentar a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio cultural pesqueiro e mariñeiro da zona como elemento de identidade e cohesión social.

- Aumentar a implicación e sensibilización da poboación sobre a importancia do patrimonio cultural pesqueiro e mariñeiro da zona como elemento de identidade e cohesión social.

- Favorecer o recoñecemento social das persoas profesionais que traballan no sector pesqueiro e marisqueiro.

- Fomentar a participación comunitaria e a transmisión interxeracional dos coñecementos tradicionais vinculados ao mar.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Mellora da igualdade de oportunidades e da inclusión social dos colectivos participantes mediante a súa participación activa nas actividades vinculadas ao patrimonio do mar.

- Incremento da sensibilización e implicación da poboación na protección e valorización do patrimonio cultural pesqueiro e mariñeiro da zona.

- Maior visibilización e recoñecemento do papel das mulleres no sector pesqueiro e na transmisión da cultura mariñeira.

- Reforzo do recoñecemento social das persoas profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro como parte esencial da identidade das zonas costeiras.

- Aumento da participación comunitaria e da transmisión interxeracional dos coñecementos tradicionais vinculados ao mar.

 

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto desenvolverá un conxunto integral de actividades estruturadas arredor da recuperación, valorización e transmisión das artesanías primixenias do mar, promovendo o benestar social, a inclusión e a participación comunitaria nas zonas pesqueiras.

- Realización de rutas sonoras en mercados de abastos, peiraos e espazos de traballo vinculados ao sector pesqueiro.

- Visitas e charlas nas prazas, lonxas e confrarías.

- Actividades de divulgación ambiental  e coidado do litoral: Charla divulgativa e saidas para recollida sostible de materiais procedentes do medio mariño ou de establecementos asociados para os obradorios de artesania ornamental.

- Representacións didácticas vinculadas á cultura mariñeira.

- Realización de obradoiros de cociña tradicional mariñeira.

- Visitas e charlas en carpinterías de ribeira e espazos de traballo das mulleres do mar.

- Realización de obradoiros de artesanías primixenias do mar para a recuperación e elaboración de apeiros tradicionais de pesca e marisqueo e creación de pezas ornamentais.

As actividades están dirixidas a persoas maiores, persoas con Alzhéimer e outras demencias, persoas con discapacidade e mulleres dos concellos participantes, así como á comunidade local nas accións abertas ao público, contribuíndo á cohesión social, á igualdade de oportunidades e ao reforzo da identidade cultural mariñeira.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OE4: Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Obxectivo específico da EDLP: 

4.2. Fomento do benestar social da comunidade do territorio

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)