Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MAR DE ANDANZAS, ONDAS DE SABENZA

Adquisición de unha trainera para mulleres veteranas do clube. A iniciativa busca promover a incorporación, mantemento e potenciación do remo como deporte competitivo a nivel autonómico ou nacional. A iniciativa busca ofrecer formación física e técnica, atender as necesidades das deportistas con ou sen experiencia, mellorado a súa saúde, a cohesión do grupo e a proxección sociocultural da muller no deporte.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
CLUB DE REMO VILA DE CANGAS
Datos de interese: 
https://www.facebook.com/crviladecangas?_rdr
Perfil empresarial: 
O Club de Remo Vila de Cangas é unha entidade deportiva fundada en 1986 no municipio de Cangas do Morrazo.
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro de 2025 bases reguladoras concesión axudas proxectos FEMPA 2021-2027
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
11/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Cangas

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
51.817,80€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
51.763,80€
Total axuda pública aprobada (€): 
1.82,45€
% Subvención: 
3,4%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
1.247,72€
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
534,73€
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

1) Fomentar a práctica regular do remo entre mulleres veteranas, mellorando condición física, coordinación e resistencia e técnica.

2) Ofrecer formación integral adaptada (física, técnica, médica, nutrición e prevención de lesións) para a saúde e a continuidade deportiva.

3) Promover a inclusión e visibilidade das mulleres veteranas no remo, facilitando a participación en regatas e eventos.

4) Protexer e fortalecer a cohesión de grupo, autoconfianza e benestar psicoemocional.

5) Promoción dun deporte tradicionalmente masculino, agora accesible e practicado por mulleres, fomentando a inclusión e a igualdade de xénero no deporte.

6) Prácticas responsables co medio ambiente: redución de residuos, uso eficiente de recursos, e adopción de normas de navegación que minimicen impacto ambiental.

7) Garantir a non discriminación e a igualdade de oportunidades: acessibilidade.

 

 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
Os resultados esperados do proxecto inclúen:
1. Adquisición da Traiña: Conseguir unha traiña respectuosa co medioambiente.
2. Incremento da Participación: Atraer a máis mulleres ao deporte, especialmente aquelas en situación de vulnerabilidade, promovendo o empoderamento feminino.
3. Formación Completa: Un programa de formación que mellore as habilidades técnicas  e conciencia ambiental das participantes.
4. Eventos Comunitarios: Organizar actividades abertas á comunidade que aumenten a visibilidade do equipo e promovan a importancia do deporte feminino e a conciliación familiar.
5. Uso das TICs: Implementar ferramentas dixitais para a xestión do equipo, comunicación entre participantes e promoción de eventos, mellorando a organización e a participación.
6. Sustentabilidade e Conciliación: Fomentar prácticas sostibles e ofrecer alternativas para a conciliación entre a vida profesional, familiar e deportiva.
7.-Continuidade: practica deportiva todo o ano.
Principais actividades do proxecto: 

Actividades para fomentar a práctica do remo entre mulleres veteranas e xerar un impacto positivo na comunidade. As accións específicas son:

-Escola de remo de traiñas: Creción  dunha escola dirixida ás nenas do clube, co obxectivo de transmitirlles a paixón polo remo e formar a futuras xeracións de remeiras.

-Turismo náutico: Implementar actividades de turismo náutico para dar a coñecer o remo como deporte tradicional, así como a cultura marítima local, brindando talleres e paseos en traiñas.

-Día da veterana: Celebración dun día especial na honra ás mulleres veteranas, con degustación de produtos do mar, integrando a gastronomía local e fomentando o coñecemento dos nosos recursos mariños.

-Día dos océanos: Realización de accións de concienciación ambiental, como limpezas de praias e montes, involucrando á comunidade na protección do entorno natural.

-Día do turismo sostible: Organización de paseos guiados pola ría, promovendo a conexión coa natureza e o turismo responsable.

-Remo na rúa: Levar o remo ás rúas mediante eventos de visibilización, realización de demostracións e actividades lúdicas para todos os públicos, achegando o deporte á comunidade.

-Exposición na capela da alameda: Exposición que reflicta a historia do remo, destacando logros pasados e presentes das nosas remeiras, así como de oficios tradicionais como mariñeiros e redeiras, para valorar a herdanza cultural.

-Regata feminina polo Día da Muller: Organización dunha regata exclusivamente feminina e convidando a clubes da zona, creando un espazo de competición e camaradería que celebre a igualdade de xénero no deporte.

-Talleres de formación: Talleres sobre técnicas de remo, saúde e nutrición, así como formación en prevención de lesións, asegurando que as participantes teñan unha preparación integral.

-Charlas sobre sustentabilidade: Charlas e actividades educativas sobre prácticas sostibles, reciclaxe e aforro enerxético, fomentando a conciencia ambiental entre todas as participantes.

-Actividades interxeracionais: Eventos que integren a distintas xeracións, onde mulleres veteranas compartan a súa experiencia con novas remeiras, creando un ambiente de aprendizaxe e respeto.

 

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

O.E.2.: Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas devanditas zonas.

Obxectivo específico da EDLP: 

Mellorar a competitividade dos sectores tradicionais da economía azul, como son a pesca artesanal, o marisqueo e a acuicultura, a través da colaboración con outras actividades vinculadas a ela

 

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)