Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mar de Barallobre

Este proxecto ten como finalidade crear e consolidar a marca Mar de Barallobre como elemento de identidade do produto pesqueiro local, reforzando a súa vinculación co territorio, coa cultura mariñeira e coa pesca artesanal. A iniciativa combina actuacións de creación da identidade de marca, promoción e comunicación, a celebración dun evento gastronómico aberto á cidadanía e a participación en feiras gastronómicas especializadas, co obxectivo de poñer en valor o produto pesqueiro da Confraría de Barallobre, incrementar a súa visibilidade e favorecer o seu posicionamento mediante unha estratexia de promoción integrada.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Cofradía de Pescadores de Barallobre
Datos de interese: 
https://www.facebook.com/CofradiadeBarallobre
Perfil empresarial: 
Organización de pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de decembro 2025 FEMPA
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
09/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
1
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Fene

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
124.187,00€
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
61.740,00€
Total axuda pública aprobada (€): 
61.740,00€
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
43.218,00€
FEMP (%): 
70
CA (€): 
18.522,00€
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Crear e consolidar a marca Mar de Barallobre como identidade representativa do produto pesqueiro da Confraría de Barallobre, reforzando a súa diferenciación e recoñecemento.
  • Poñer en valor o produto pesqueiro local e a actividade da pesca artesanal mediante actuacións de promoción, divulgación e comunicación dirixidas á cidadanía e aos visitantes.
  • Difundir a cultura mariñeira e os métodos tradicionais de pesca, favorecendo un maior coñecemento do patrimonio marítimo-pesqueiro do territorio.
  • Promover o consumo e a valorización gastronómica dos produtos pesqueiros locais a través dun evento aberto ao público e doutras accións de promoción.
  • Incrementar a visibilidade do produto pesqueiro de Barallobre mediante unha estratexia de comunicación e a participación en feiras gastronómicas especializadas.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Creación dunha identidade de marca propia para o produto pesqueiro da Confraría de Barallobre, favorecendo a súa diferenciación e recoñecemento.
  • Maior visibilidade e promoción do produto pesqueiro local mediante accións de comunicación, difusión e participación en feiras gastronómicas especializadas.
  • Incremento do coñecemento e da valorización do produto pesqueiro e da cultura mariñeira entre a poboación e as persoas visitantes a través do evento gastronómico.
  • Reforzo da proxección da marca Mar de Barallobre e do posicionamento do produto pesqueiro local en ámbitos profesionais e promocionais.
  • Xeración dunha base de comunicación e promoción que facilite o desenvolvemento de futuras accións de valorización do produto pesqueiro local.
Principais actividades do proxecto: 

O proxecto estrutúrase arredor de distintas actuacións orientadas á creación da marca Mar de Barallobre, á promoción do produto pesqueiro local e ao reforzo da súa visibilidade entre a cidadanía e o sector profesional.

  • Creación e desenvolvemento da marca Mar de Barallobre, mediante o deseño da súa identidade visual, a elaboración do relato de marca, do manual de identidade corporativa e a creación de contidos audiovisuais para a súa difusión.
  • Organización dun evento gastronómico para a presentación pública da marca, acompañado de accións de comunicación e da celebración dunha competición de bateis como actividade de promoción vinculada ao patrimonio marítimo-pesqueiro.
  • Participación en feiras profesionais especializadas para promocionar o produto pesqueiro local, establecer contactos profesionais e reforzar o posicionamento da marca.
  • Desenvolvemento de accións de comunicación, prensa e redes sociais para incrementar a difusión da marca e do produto pesqueiro da Confraría de Barallobre.
Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1. Dotar ao sector pesqueiro de recursos e ferramentas que lle dean máis competitividade e valor ao produto e as profesións

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)