Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Ría de Pontevedra suma novas bandeiras azuis

Un total de 112 praias galegas pertencentes a 34 municipios lucirán este verán unha bandeira azul, distintivo que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) outorga cada ano a areais de todo o mundo en base a criterios de sustentabilidade e de servizos.

Ademais, 11 portos deportivos galegos lucirán unha bandeira azul; 14 instalacións de educación ambiental e atención aos visitantes terán a consideración de centros azuis; e 29 rutas acadan o distintivo de sendeiros azuis

Centrándonos na ría de Pontevedra, os datos son excelentes: 28 bandeiras azuis a areais, tres a portos deportivos e cinco centros azuis.

Nesta edición, Sanxenxo volve repetir como o municipio de toda España con máis areais con bandeira azul, un total de 17, a mesma cifra que o ano pasado. E cómpre subliñar que este concello suma outras tres distincións para os seus portos deportivos e terá de novo un centro azul.

O Concello de Marín, aporta 5 praias e 2 centros azuis; e Bueu, tamén 5 areais e 2 centros azuis. Este ano, e por primeira vez, a praia da Banda do Río no Concello de Bueu obtén o galardón azul, o que supón un fito porque este areal partía con antecedentes de problemas de contaminación. Así, a aposta pola mellora medio ambiental que promovemos a través da nosa EDLP (Estratexia de desenvolvemento local participativo) fai posible gozar dos espazos naturais da Ría de Pontevedra.

Así, a ría de Pontevedra acada este ano 28 bandeiras azuis, unha máis que o ano pasado. Por concellos, os areais distinguidos neste 2022 son:

  • Bueu: Area de Bon, Banda do Río, Lagos, Lapamán e Portomaior
  • Poio: Cabeceira.
  • Marín: Aguete, Loira, Mogor, Portocelo, e de forma compartida A Coviña e O Santo do Mar, en Ardán.
  • Sanxenxo: A Lapa, Area de Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, O Espiñeiro-A Lanzada, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira e Silgar.

A maiores, tres portos e entidades da ría de Pontevedra acadaron o galardón que outorga a Adeac: o porto deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo, o Real Club Náutico de Sanxenxo e o Club Náutico de Portonovo .

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis en praias e portos deportivos están relacionados coa calidade das augas; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como a xestión ambiental e a sustentabilidade destes espazos.

Centros azuis

Os centros azuis galardoados na ría de Pontevedra son:

Para acadar o distintivo estes espazos deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.