Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mapa

Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Meaño compoñen o territorio que propón o GALP Ría de Pontevedra na candidatura para a definición dunha estratexia integrada de desenvolvemento para a zona costeira, seguindo o criterio fundamental de manter agrupadas as confrarías da Ría de Pontevedra que comparten plans de explotación. Ademais, para engadirlle ao grupo territorio e empresas con importantes lazos comerciais co sector pesqueiro da Ría de Pontevedra e tamén darlle unha maior presenza á vertente arousá do concello de Sanxenxo, incorpórase Meaño.

A zona proposta mantén a continuidade física do territorio. O istmo da Lanzada marca o extremo norte desta zona costeira e o cabo Udra o sur; polo oeste, as Ons pechan a ría e a zona costeira. Estas illas, Ons e Onza, forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e son un dos seus referentes emblemáticos xunto coa de Tambo.

Os concellos que forman este grupo son: Bueu, Marín, Pontevedra, Poio, Sanxenxo e Meaño.