mércores, 10 de Decembro de 2025 - 12:12

O día 8 de xullo tivo lugar na Federación provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra en Arcade, a xornada informativa “Pesca e aves mariñas” organizada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental en Galicia). Esta xornada encadrase dentro do proxecto “Noraves” que estuda a mortandade accidental das aves mariñas en artes de pesca (sobre todo artes de pesca artesanais).

