Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

OS MARES DA BAIXURA II: AMPLIANDO HORIZONTES

O proxecto OSMARESDABAIXURA II busca continuar na liña do executado nos anos 2020-2022, coa mellora da  web, dotándoa de máis contidos e aumentando a oferta formativa, axudará a mellora da saúde laboral dos nosos profesionais, con cursos de prevención de trastornos músculo esqueléticos e de primeiros auxilios, demandados especialmente por as mariscadoras a pé.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155-2023-059
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
ASOCIACIÓN MAR SEGURO DE GALICIA
Datos de interese: 
spm@marseguro.es
Perfil empresarial: 
Entidade sen ánimo de lucro
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde 14 de setembro de 2023
Convocatoria - ano: 
2023
Data de aprobación: 
19/12/2023
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
25
Anualidades: 
2023-2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Territorio do Galp Ría de Vigo A Guarda 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
61.298,95 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
60.946,60 €
Total axuda pública aprobada (€): 
58.709,86 €
% Subvención: 
96%
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
41.096,90
FEMP (%): 
70%
CA (€): 
17.612,96
CA (%): 
30%
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
0,75
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O obxectivo xeral do proxecto e ampliar e mellorar o rendemento da web osmaresdabaixura, a través da reestruturación, adaptación e actualización tecnolóxica e dixital, do portal e da plataforma formativa incluída na mesma, crear novos contidos para aumentar a oferta formativa (cursos de prevención de trastornos músculo esqueléticos e primeiros auxilios) e mellorar os contidos da formación existente. Mellorar a calidadade da formación dos profesionais do sector da baixura, aumentar o número de alumnos (ao ter maior oferta formativa) e especialmente o número de mulleres formadas posto que os dous novos cursos foron requeridos especificamente polas mariscadoras a pe de diferentes confrarías.

Promover a incorporación da muller en oficios e postos nos que estea subrepresentada no sector da pesca artesanal, marisqueo e acuicultura, así como a incorporación das persoas mozas ao sector marítimo-pesqueiro Facilitar información e orientación laboral para a incorporación das persoas mozas ao sector marítimo pesqueiro e actividades vinculadas, contribuíndo así a fixación de poboación nos núcleos costeiros.

Recuperación e difusión de oficios tradicionais vinculados ao sector marítimo-pesqueiro. Incremento de novos contidos informativos e formativos en relación coa pesca de baixura e o marisqueo a pé.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

1. Creación de un posto de traballo para o desenvolvemento do proxecto.

2. Dar visibilidade o papel da muller no sector pesqueiro, dando a coñecer oficios nos que a priori estean menos representadas.

3. Axudar a solucionar o problema do relevo xeracional tan acusado no sector pesqueiro, actualizando información dos requisitos necesarios para traballar nas distintas artes, e amosando na web novos vídeos dos distintos oficios existentes na pesca da baixura, que servirán para promover a creación de emprego.

4. Fomentar as boas prácticas laborais, no ámbito da seguridade laboral, hixiene e ergonomía e as boas prácticas ambientais grazas a formación e información proporcionada pola web.

5. Facer visible a importancia de manter os oficios tradicionais na pesca de baixura tanto pola preservación do patrimonio como pola conservación dos recursos.

6. Formación e capacitación de persoas para adquisición de competencias co fin de acadar a súa incorporación e a profesionalización no sector marítimo-pesqueiro.

Principais actividades do proxecto: 

1. Contratación persoal laboral para levar a cabo o proxecto 

2. Adquisición dun móbil

3. Contratación dunha empresa, profesionais da informática e do desenrolo e deseño de páxinas web, que encargarase da mellora do rendemento do portal osmaresdabaixura.com e da plataforma formativa incluída na mesma, coa reestruturación prevista, a adaptación e actualización tecnolóxica e dixital.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OE1. 1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e da acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.2. Promover a incorporación da muller en oficios e postos nos que estea subrepresentada no sector da pesca artesanal, marisqueo e acuicultura, así como a incorporación das persoas mozas ao sector marítimo-pesqueiro

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)