martes, 26 de Maio de 2026 - 11:05

O día 4 de maio a xerente do GALP Ría de Vigo - A Guarda, Elena Herbello, acudiu a xornada de "Pesca saúde" organizada ás portas do Centro de saúde a A Guarda.
A xornada estivo encamiñada dar a coñecer os beneficios dos productos do mar na sáude. Entregaronse guías de información nutricional e hábitos saudables así coma receitarios. No espazo habilitado atopábanse apoiando a iniciativa médicos do centro de saúde, o alcalde da Guarda, Roberto Álvarez e membros da corporación municipal. O público asistente tivo a oportunidade de degustar receitas elaboradas con productos frescos do mar.
Esta actividade encádrase dentro do proxecto de cooperación "Pesca Saúde" posto en marcha polos GALPs Galegos.

