Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Abanca e o GALP Costa da Morte colaboran para impulsar o sector

Abanca e o GALP Costa da Morte colaboran para impulsar o sector

 

O día 16 de febreiro ás 13 horas, tivo lugar unha xornada informativa, no Fórum Carballlo (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n – Carballo),  organizada por ABANCA en Colaboración co Galp Costa da Morte.

Na xornada douse a coñecer as liñas de financiación de Abanca para os proxectos que opten ás axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca dentro do convenio de colaboración asinado pola entidade e o Galp Costa da Morte, que  inclúe unha oferta financeira personalizada ao sector, orientada principalmente a facilitar o acceso ao crédito aos profesionais e beneficiarios das subvencións europeas.

 O GALP presentou o programa de axudas do FEMP 2014-2020. O territorio do Galp Costa da Morte, que se corresponde cos concellos de A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía,  dispón de máis de 5 millóns de euros en axudas a fondo perdido para proxectos produtivos e non produtivos ata o ano 2020.

O prazo para presentar proxectos estará aberto ata 2020. Para a primeira convocatoria de 2017 rematará o próximo 1 de marzo. 

As axudas están destinadas a: Xente do mar, empresas transformadoras de produtos pesqueiros, hostaleiros, sectores auxiliares á pesca, empresarios e entidades de actividades náuticas ou relacionas co mar, asociacións do sector pesqueiro, redeiras, etc. que presente proxectos relacionados co mar.

Liñas de actuación:

Incremento do valor engadido dos produtos da pesca, diversificación e mantemento da actividade vinculada ao mar…

Competitividade sostible e reforzamento dos elementos medioambientais e patrimoniais do noso litoral, espazos temáticos do mar...

Capacitación e ampliación das competencias dos sectores económicos e social o noso territorio…

Información no 981 70 73 78,  en gac3@accioncosteira.es  ou info.gac3@accioncosteira.es