- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Fomento e diversificación produtiva da pesca artesanal, procurando o mantemento da actividade vinculada co mar, e a extracción de insumos das actividades marítimas (moi especialmente da pesca artesanal) para outras actividades produtivas.
- Obxectivo específico 1.1. Mantemento da actividade vinculada co mar: unha das formas máis eficaces para o mantemento da actividade vinculada co mar, como son as actividades extractivas (pesca, marisqueo...) consiste na procura de actividades complementarias que permitan a xeración de recursos suficientes durante todo o ano para o mantemento da súa actividade.
- Obxectivo específico 1.2. Extracción de insumos das actividades marítimas (moi especialmente da pesca artesanal) para outras actividades produtivas: dentro deste obxectivo específico procúrase, por varios sistemas, unha mellora nos procesos de comercialización, mediante sistemas para acurtar a cadea e a transformación dos produtos da pesca.
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 2: Competitividade sostible das actividades relacionadas co mar, a través do reforzamento dos elementos medioambientais e patrimoniais (tradicional, cultural material e inmaterial), compatibilizando o seu aproveitamento para a diversificación en novas actividades produtivas.
- Obxectivo específico 2.1. Reforzamento dos elementos medioambientais e patrimoniais (tradicional, cultural material e inmaterial): preténdese, a través da preservación, a conservación e a recuperación dos elementos medioambientais e patrimoniais do territorio, a súa posta en valor así como a súa difusión entre o territorio, con especial atencións ás futuras xeracións.
- Obxectivo específico 2.2. Compatibilización do aproveitamento dos elementos medioambientais e patrimoniais para a diversificación: os elementos medioambientais e patrimoniais son importantísimos outputs para a súa comercialización, fundamentalmente a través de actividades turísticas (diversificación).
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 3: Capacitación e ampliación das competencias dos sectores económico e social relacionados co GALP da Costa da Morte.
- Obxectivo específico 3.1. Consecución de emprendedores e consolidación de empresas: este obxectivo específico ten por finalidade poñer a disposición das persoas que desexen emprender un negocio o unha actividade empresarial as ferramentas e os coñecementos necesarios para que a súa idea chegue a materializarse e sexa viable económica, técnica e financeiramente. Ademais tamén se pretende apoiar as empresas que xa iniciaron a súa actividade pero que o seu grao de maduración é lento ou están estancadas, co obxectivo de consolidalas no mercado.
- Obxectivo específico 3.2. Adquisición de capacidades esenciais para a diversificación do sector do mar: a diversificación do sector pesqueiro require dunha serie de coñecementos como presuposto previo ao emprendemento dunha nova actividade, complementaria á actividade pesqueira, xa sexa no eido do turismo ou de calquera outra actividade conexa á súa actividade pesqueira. Estas capacidades irán enfocadas cara ao emprendemento e a consolidación/aceleración de empresas.