Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Descrición

Misión, visión e valores da EDLP

Misión: a misión é a meta xeral que actuará como referente último da actuación da entidade.

Impulsar o crecemento sostible, xerador de emprego, baseado na identidade do noso mar e desta zona costeira, garantindo un modelo de gobernanza de abaixo arriba.

Visión: a visión é, en esencia, unha imaxe que se proxecta no futuro que se desexa para o GALP. É un factor utópico “ideal” que empurra a organización a actuar dunha maneira integrada.

O futuro GALP Costa da Morte debe ser un instrumento de fomento de emprego para a xuventude dende un enfoque orientado ao mar, á pesca e á identidade mariñeira da Costa da Morte, con garantía da preservación dos seus valores

Valores: calquera organización que promove iniciativas de carácter público ou privado ten como base unha serie de valores, que son un elemento central que artella a definición das súas estratexias. Estes son inherentes ás organizacións, pero tamén son unha determinada maneira de xestionar procesos.

A consecución da misión e a visión do candidato a GALP Costa da Morte sustentarase nos seguintes valores:

  1. Desenvolvemento sostible (do sector do mar): utilización eficaz dos recursos naturais e ambientais ofrecidos polo mar e a costa, de forma tal que a promoción do desenvolvemento económico no GALP Costa da Morte non comprometa o crecemento económico futuro, a dispoñibilidade deses recursos, nin a calidade ambiental e natural do territorio.
  2. Preservación da identidade mariñeira: elaboración da EDLP, dos seus obxectivos estratéxicos e das súas liñas de actuación, tendo en conta que a identidade mariñeira do territorio é unha variable que debe percorrer calquera actuación do GALP Costa da Morte.
  3. Solidariedade interxeracional: procura de iniciativas que permitan prover a xente nova de oportunidades económicas e de emprego de calidade, sen comprometer a sostibilidade dos recursos costeiros e mariñeiros.
  4. Cooperación institucional horizontal-novo modelo de gobernanza: creación e impulso dun novo modelo de cooperación institucional entre institucións locais, e destas co GALP Costa da Morte, así como a busca da cooperación entre GALP territorialmente conectados (Fisterra).
  5. Igualdade e non discriminación: o concepto de igualdade significa e recoñece que mulleres e homes non somos iguais no sentido de idénticos, pero si somos iguais en dereitos e debemos selo tamén en oportunidades; cada persoa é diferente pero debe ser valorada por igual. Este principio aplicarase á igualdade de xénero (especialmente no acceso a oportunidades de promoción de proxecto), pero tamén ao tratamento da diversidade cultural (multiculturalismo) e á diversidade funcional.

Descrición
Plan financeiro

EDLP NOVO PROGRAMA FEMPA 2023-2027