Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Mapa

O GALP Costa da Morte está integrado por nove municipios das comarcas de Bergantiños, Fisterra e Terra de Soneira. Entre os nove municipios sumaban un total de 80 774 no ano 2014 e de 81 448 no ano 2013, nunha superficie de 962 km2. Cómpre salientar que: 1) os municipios presentan una continuidade xeográfica lineal, e 2) a poboación supón o 90,27% da poboación da comarca de Bergantiños. Identitariamente, son municipios pertencentes á Costa da Morte, con fortes raíces co mar e a pesca, con Carballo como centro de referencia en termos de actividades relacionadas coa prestación de servizos.

Os concellos que forman este grupo son: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.